O pasado sábado, durante o descanso do partido, o Club de Balonmán Boya, de Camariñas, tivo a feliz idea de homenaxear ao noso Javier. Non estamos afeitos a que se recoñeza publicamente o noso traballo e foi, para todos nós, unha alegría que alguén recoñecese o labor realizado por Javier durante todos estes anos. Estou certamente seguro, e penso que non son o único, que o deporte neste concello non sería igual sen a súa presenza, esforzo e constancia. Desde logo, eu non sería igual! Desde aqueles primeiros anos cambiaron moitas cousas, pero sempre quedarán na memoria as Festas da bicicleta, os equipos de deporte escolar, as primeiras clases de vela, as carreiras de campo a través, o descenso do río en piragua, as clases de esgrima, de escalada, de... Non, rapaz, ideas nunca che faltaron!
Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.