|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Viernes, 17 de Febrero de 2012 20:30 |
 |
 |
 |
|
| Cartel da Mostra do Encaixe 2012
|
|
Camariñas -
Sociedade en Camariñas
|
Corren tempos escuros para a Mostra do Encaixe de Camariñas, días negros que ameazan ao que era o máis grande certame encaixeiro a nivel mundial. Recortada na súa metade a axuda vital de 120.000 que durante máis de 20 anos prestou a Deputación Provincial, se os seus novos mandamases xa non estaban moito pola labor de seguir patrocinando o evento, sen dúbidas, visto o visto no Club Náutico, a influencia maligna que sobre os mesmos exerce parte do seu persoal de confianza así contratado, nada bo se augura para unha Mostra posta de este xeito ao pes de quen opera segundo o principio de "o mía o de nadie", de quen habitúa nas súas loitas sempre infructuosas polo poder a destruir todo canto de bo nos rodea, xa sexan clubs náuticos, xa sexan mostras do encaixe, xa sexa todo un concello. Sinxelamente, nas mans de que sen acabou convertendo nun cáncer para o seu propio pobo. Se este ano as noticias foron malas, que ninguén se engane en que para o futuro serán peores
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Domingo, 12 de Febrero de 2012 16:52 |
 |
 |
 |
|
| O matrimonio de Ibrahima Thiam
|
|
Camariñas -
Sociedade en Camariñas
|
Houbo unha época en España en que parecía que vivíamos nun país inmesamente rico, no que a gran maioría menospreciábamos e temíamos a todos aqueles que chegaban na búsqueda dun traballo mellor, e onde rápidamente olvidamos a nosa propia historia e as nosas propias orixes. Máis ou menos foi naquel tempo remoto cando arribou á nosa terra un espigado mozo de Senegal chamado Ibrahima Thiam. Recén chegado a un mundo inhóspito e estrano acabou recalando nun pequeno pobo do interior de Galicia chamado Vimianzo, onde traballou nunha empresa de limpeza de montes ata o día que nunha pequena viaxe de lecer por aquelo das casualidades achegouse ata unha vila mariñeira, Camariñas, da cal quedou prendado no instante e decidío que sería o lugar idóneo para vivir e formar unha familia.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Sábado, 04 de Febrero de 2012 11:14 |
 |
 |
 |
|
| Ensaio do Coro Municipal de Camariñas
|
|
Camariñas -
Sociedade en Camariñas
|
| 
Un novo piano para ensaiar o seu repertorio habitual pero tamén para interpretar algunha peza de Rajmáninov ou calquera dos concertos para piano de Piotr Ilich Chaikovski se algún valiente osa acometer semellante desafío ven de ser estreado recentemente polo Coro Municipal de Camariñas. Trátase dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña, se dos tempos de Salvador Fernández Moreda como presidente ou dos do recente Diego Calvo, eso xa non o sabemos nin, sinceiramente, nos importa, nin imos perder un segundo do noso escaso tempo investigando o proceder da financiación da pianola que permitirá aos nosos amigos do Coro Municipal afinar as impecables e cuasiexactas interpretacións do seu amplio repertorio. Ao fin e ao cabo os cartos que financiaron a citada subvención que nos saibamos non saíron dos bolsillos de ningún político senón do sufrido, exprimido, enganado e depauperado contribuinte español: aquel levado a unha situación de ruina polo actuar lamentable, incompetente e corrupto desos mesmos políticos que venden calquer subvención ou inversión como si da victoria das Termópilas se tratara. Alleos a estas divagacións dun sábado noite os nosos queridos amigos do Coro Municipal esta semana comenzaron os ensaios co seu flamante novo piano e, obviamente, a web que fai da plasmación do día a día de todo un concello nos albores do século XXI un arte non podía deixar de estar alí. Sobre todo porque oír ao noso coro en acción musical sempre constituirá un deleite e un honor.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Lunes, 30 de Enero de 2012 10:00 |
 |
 |
 |
|
| Golpe de Estado no Club Náutico
|
|
Camariñas -
Sociedade en Camariñas
|
Traspasados hai tempo os límites do sentido común, rebasados todos os diques da decencia, o proceso de toma do poder no Club Náutico pola minoría radical e violenta que ocupa ilegalmente as súas instalacións sumou este fin de semana dous novos episodios de inusitada gravidade. O venres 27 ca non entrega ao Presidente do CNC das chaves do Bar Restaurante. O sábado 28 ca celebración nunhas instalacións okupadas dunha asamblea ilegal. Dous episodios íntimamente conectados, causa e efecto, porque si a estas alturas aínda hai alguén que o dubida a non renovación da concesión da Cafetería é a única causa da maior crise desatada no CNC en toda a súa historia, causa que con éxito máis ben descriptible intentouse disfrazar aludindo a diferentes pretextos: que si concesión dos pantaláns, que si a venta dos barcos, que si o título de Real, etc... excusas ridículas que resultan prescindibles agora que pola actitude deste minoritario sector desquiciado e ultra, derrotado ampliamente por 54 a 33 na asamblea do 17 de decembro (votación do 7º punto: Renovación do Bar Restaurante), a maior parte dos proxectos de futuro no CNC se botaron a perder xunto co prestixio dunha institución que sempre foi exemplo de respetabilidade e bo nome.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Viernes, 27 de Enero de 2012 10:54 |
 |
 |
 |
|
| Carta de Xosé Luis Blanco Campaña
|
|
Camariñas -
Sociedade en Camariñas
|
| 
Ante a grave situación creada no Club Náutico de Camariñas, ante o anuncio de convocatoria por parte dunha minoría radical e violenta dunha asamblea ilegal a celebrar este sábado 28 de xaneiro, a voz autorizada de Xosé Luis Blanco Campaña, Presidente de Honor da entidade, elixe a camarinas.eu para dirixir unha carta aberta aos socios do CNC. Nela Xosé Luis, un home que sempre ten a Camariñas como fío vector das súas preocupacións, presta un apoio inequívoco á actual Xunta Directiva así como á xestión levada a cabo pola mesma na grave crise derivada da asamblea do 17 de decembro e fai un encendido eloxio da figura do seu Presidente, Alberto de Artaza Varasa, ao que chega a considerar "todo un luxo para unha sociedade como a nosa". Corren tempos duros, días difíciles no CNC, posiblemente os que viron os comportamentos e actitudes máis graves en toda a súa historia, ante os cales decide saír á palestra a voz autorizada, preocupada, de Xosé Luis Blanco Campaña, Presidente de Honor e un dos Pais Fundadores do Club Náutico de Camariñas.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|