|
|
| O PSOE rompe relacións co PP |
| Camariñas - Politica en Camarinas | |||
Este martes 21 de febreiro a prensa autonómica faise eco do acordo adoptado pola Agrupación Socialista de Camariñas no que esta acorda romper calquer tipo de relación ca formación local do PP. A causa desta dura nota de prensa dunha gravidade sen precedentes no noso concello en máis de 30 anos de democracia ven constituida polo enésimo desafuero, o novo acto de matonismo, ameaza e intimidación de quen se cre hai tempo fóra das leis humanas, de quen rebasou con creces todos os diques da decencia e do sentido común, de quen non dubidou en utilizar a forza que proporciona a estructura dun partido polÃtico gobernante en tódalas esferas de poder en España para defender os seus intereses particulares no Club Náutico e de quen por elo se convertÃo nun cáncer, nun membro gangrenado, para o seu propio partido e para o seu propio pobo. Pero vaiamos por partes e reconstruiamos todos os precedentes que levaron aos militantes do PSOE no noso concello a adoptar unha resolución inédita dende que en 1979 se celebraran en Camariñas as primeiras eleccións municipais.O xoves 2 de febreiro de 2012, pasadas as 12 da mañán, un coñecido polÃtico local, unha persoa que recolle a confianza depositada nas derradeiras eleccións locais por máis de 1.500 persoas, principal representante na nosa terra do partido polÃtico que actualmente goberna a tódolos niveis, preséntase, sumamente nervioso e alterado, na redacción de camarinas.eu. Entra ata a oficina do director sen ser invitado a elo e esixe de mui malas formas, a grandes voces, coñecer cal é o redactor que está detrás das noticias publicadas polo citado medio en relación ao asalto e ocupación ilegal do Club Náutico de Camariñas. Acompáñase dun manoxo de noticias impresas de camarinas.eu, subraiadas de forma compulsiva, como si dos apuntes dun opositor a notarÃas se tratara e en especial móstrase indignado co contido da noticia publicada o luns 30 de xaneiro de 2012 ("Golpe de estado no Club Náutico"). Esgrime o nome de dous xoves directivos do CNC e ameaza con que se non se lle da un nome inmediatamente procederá a interpoñer unha demanda, a enésima, no Xulgado de Corcubión. Trata de intimidar cunha arte, a da denuncia, na que é un consumado especialista: a pesares da falta da máis mÃnima base xurÃdica dende que proceso de toma do poder no CNC por unha minorÃa radical e violenta tomara forma unha constelación de denuncias de todo tipo (xudiciais e administrativas) sucedéronse sen descanso. Esixe que camarinas.eu deixe de publicar noticias relacionadas co Náutico de inmediato e quéixase do dano que se lle está a provocar: nun lapsus chega a confesar que o dÃa anterior foi chamado a consultas nunha tensa reunión na Deputación Provincial con tres altos dirixentes do seu partido. Precisamente, este motivo, o das posibles repercusións polÃticas a nivel interno na formación na que milita, estarÃa detrás dun acto desesperado e terminal: o seu compañeiro mediático de andanzas, despois de perpetrar impunemente unha campaña nunca antes vista de mentiras, infamias, presións salvaxes, insultos e apoio aos que quebrantaron tan flagrantemente a legalidade no CNC e que, aproveitándose da súa posición privilexiada como secretario nun partido polÃtico, chegou a instruir o expediente polo que se expulsarÃa a tres honrados militantes que se opoñÃan as súas pretensións náuticas ("Eu ahà non tuven nada que ver, eso foron chiculatadas" chegará a decir o seu desagradecido amo nunha comida na Coruña), agora preso dun pánico insuperable fai chegar a todo aquel que queira escuitalo o seu desexo de desvincularse de inmediato de todo o que teña que ver co golpe de estado na que fora a institución náutica decana da Costa da Morte. Hai que comprender: a súa pobre muller a conta desta vaina do Náutico leva dúas semanas sen durmir. Que o dano para a imaxe do CNC a estas alturas posiblemente sexa irremediable eso dalle igual, pero é o que teñen as ratas, sempre serán as primeiras en abandoar a nave, como si aquà non houbera pasado nada. Ante este estado de cousas, o lÃder polÃtico trata por tódolos medios de silenciar ao único medio que lle pode facer frente ante o inverno mediático que se aveciña. Acto incomprensible e condeable en quen polo cargo público que ocupa está obrigado a un plus de responsabilidade e exemplaridade nas súas actuacións. Especialmente incomprensible si temos en conta que ao longo de todo o proceso de asalto ao CNC camarinas.eu endexamáis publicou o seu nome... Pasadas dúas semanas, o xoves 16 de febreiro de 2012, ás 16:30 horas o director de camarinas.eu atópase na súa oficina falando con dúas clientas, mentras a súa esposa no mostrador da tenda prepara o material que despois, unha vez abertos, virán a buscar os clientes. Un cartel na porta de entrada sinala as 17:00 horas como o horario de apertura ao público. Nese instante, outra vez sumamente nervioso e alterado, incluso algo ido por momentos, errático nos seus comportamentos, como un boxeador sonado, ese mesmo polÃtico habitual perdedor de eleccións entra sen consentimento algún na mesma oficina na que 14 dÃas antes perpetrou un vil acto de intimidación e ameaza. Cómpre lembrar que na noite anterior camarinas.eu, fruto dunha información subministrada por fontes de toda solvencia, publicaba a noticia "Vertedoiro ilegal no Club Náutico". O mesmo dÃa no que La Voz de Galicia facÃase eco nunha noticia da posible existencia dun vertedoiro municipal en Camariñas sen que dirixentes do concello que se saiba se presentasen en redacción algunha esixindo, ameazas incluidas, a súa retirada. A pesares da presencia de clientes quere ser atendido de inmediato, fáiselle ver que terá que esperar, perdido todo respeto ás dúas rapazas que tiñan preferencia volta a reiterar a súa esixencia, xa se sabe: os polÃticos son xente mui ocupada, sempre desvivÃndose polo ben común. Ao ser conminado amablemente a abandoar o local violéntase e comenza a manosear a mercancÃa que se atopa na tenda, quere facer fotocopias. Acto seguido cambia de opinión e prefire comprar unha cámara para finalmente descubrir que o que realmente querÃa era sacarse unhas fotos. Posiblemente busque que o director de camarinas.eu perda os nervios: unha pelea, ser agredido, neste momento mediáticamente para el non terÃa precio. Frente a elo, educadamente vólveselle a rogar que abandoe o local advertindo que en caso contrario chamarase á Guardia Civil. Desesperado ante o enésimo fracaso das súas tentativas, nun acto especialmente patético segundo os testigos presenciais, como si dunha pelea de enamorados se tratase chega a balbucear frases incoherentes recriminando agriamente ao director de camarinas.eu promesas imaxinarias: ¡¡... eh... eh... dixestes que ibas a chamarme...!! ¡¡... eh... eh... prometéstesme que non ibas a publicar nada más do Náutico...!! Ata que nun momento de despiste, enganado ca promesa de falar fóra do local, péchaselle a porta e chámase a Guardia Civil para saber que pasados cinco minutos fora este exemplo de virtudes polÃticas quen interpuxera unha cómica denuncia no Cuartel da Benemérita "por non ser atendido" nun local que nin siquera estaba aberto ao público. E asÃ, traspasados como decÃamos hai tempo os lÃmites do sentido común, rebasados todos os diques da decencia, utilizados ata a náusea polo seu principal representante todos os resortes dun partido polÃtico para favorecer pretensións privadas, para a ocupación ilegal e posterior golpe de estado no Club Náutico, vimos en Camariñas en dous zarpazos consecutivos como un lÃder polÃtico, alguen que supostamente representa a máis de 1.500 persoas, a principal imaxe na nosa terra da formación polÃtica que preside o Goberno da Nación, o da AutonomÃa e o da Diputación Provincial, se adica a asaltar negocios privados, a intimidar a honrados comerciantes, a ameazar públicamente, diante de testigos, a quen xa ten bastante con sobrevivir ao duro dÃa a dÃa. O que vimos en Camariñas en dous asaltos consecutivos foi o nunca antes visto en lugar algún. Artigos relacionados que che poden iinteresar:
55 dÃas antes Resultado das Eleccións ao CNC
Hai un episodio ("Trash Of The Titans") da novena tempada dos Simpson que non pode ser máis revelad 61 dÃas antes Unha lista seria, honesta e competente
Na tarde deste pasado sábado 16 de marzo de 2013 o ex-Vicepresidente e Socio Fundador do CNC, o pr 62 dÃas antes Utilización fraudulenta de 51 firmas
Todos aqueles socios que deran unha copia do seu DNI á candidatura que ten por obxecto o retorno de 64 dÃas antes Rematan as charlas do PXOM
Este pasado domingo 10 de marzo de 2013 rematou ca celebrada en Xaviña a xeira de charlas mantidas 70 dÃas antes Akelarre na Asamblea Ordinaria do CNC
Tal e como anticipara Camarinas.eu, tal e como ata o máis incapaz podÃa preveer, a agresiva minorÃ
|
|||
| Actualizado ( Sábado, 25 de Febrero de 2012 12:35 ) |



Comentarios
Que se lle pasara pola CABESA a este home para tolear desta forma?
Hay que ter cuidado con el, muy ben da chaveta non esta e a este ritmo de degeneracion un dia de estes empeza a MACHETASOS con todo o que se lle poña por diante. O final vamos a salir nos telediarios e todo. Tende cuidado todos e non saljades de casa no vai a ser que vos faja a raya do medio con un machetaso.
Non e de risa eh!!!
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.