Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 17 de Mayo de 2011 13:46   
Festa da Xuventude
Camariñas - Politica en Camarinas
Imaxe dos participantes no partidillo de fútbolEn datas recentes un dos candidatos entra ca súa comitiva nun céntrico establecemento hosteleiro do concello para entregar propaganda electoral e sóltalle á propietaria: "Coño, Fulana, canto tempo". "Sí, xusto catro anos". O mellor das eleccións municipais é que estas teñen lugar cada cuatrienio e quen máis o agradece, obviamente ademáis dos veciños, son os propios candidatos, obrigados por unha nova subasta pública do poder a repetir ata a saciedade uns eslóganes intercambiables e perfectamente válidos agora e hai trinta anos tanto para Camariñas como para un campamento mineiro dos Andes chilenos ("o cambio que o noso concello necesita", "acercar o concello ao pobo", "novos tempos", "o goberno da xente", etc...). Trátase dun calvario que, por aquelo da democracia, todos temos que sufrir.

Con todo, cando a campaña para as municipais do 2011 chegaba ao seu ecuador, o pasado venres 13 de maio engadíase ao cóctel electoral un ingrediente novedoso por estas terras: a Festa da Xuventude. Non sabemos si herdeira daquel evento que a Comisión das Festas do Carme organizou baixo o mesmo nome hai dous anos, os socialistas de Camariñas decidían celebrar na Praia de Area da Vila un encontro festivo que aglutinaba un partido de fútbol entre vellas lendas futbolísticas atraídas pola chamada do mellor xogador da historia do concello, un paella xigante elaborada segundo o criterio culinario de Germán Camiño e música en vivo interpretada por unha charanga. O tempo non acompañou e o implacable nordeste que azotou durante toda a semana a Costa Atlántica empañou a celebración. Pero nin o nordeste máis insufrible foi  quen de evitar o retorno ás andaduras xornalísticas de dúas reporteiras clásicas de camarinas.eu, Maitiña e Lucía, as cales dentro das filas do seu PSOE da alma inician unha prometedora carreira política. Ay, querido electorado, canto agradecerían os que se ven obrigados a asistir a un pleno a presencia de concelleiras de semellante valía como membros de calqueira dos grupos políticos.

SAM_0047
SAM_0048
SAM_0049
SAM_0052
SAM_0057
SAM_0062
SAM_0065
SAM_0066
SAM_0068
SAM_0069
SAM_0070
SAM_0075
SAM_0076
SAM_0084
SAM_0085
SAM_0086
SAM_0088
SAM_0089
SAM_0090
SAM_0096
SAM_0103
SAM_0106
SAM_0111
SAM_0112
SAM_0113
SAM_0115
SAM_0116
SAM_0117
SAM_0118
SAM_0120
SAM_0121
SAM_0122
SAM_0123
SAM_0124
SAM_0126
SAM_0128
SAM_0132
SAM_0134
SAM_0139
SAM_0140
SAM_0141
SAM_0142
SAM_0147
SAM_0148
SAM_0151
SAM_0153
SAM_0156
SAM_0158
SAM_0160
SAM_0161
SAM_0162
SAM_0163
SAM_0165
SAM_0166
SAM_0167
SAM_0168
SAM_0172
SAM_0173
SAM_0174
SAM_0176
SAM_0177
SAM_0178
SAM_0180
SAM_0181
SAM_0182
SAM_0183
SAM_0184
SAM_0187
SAM_0188
SAM_0189
SAM_0190
SAM_0193
SAM_0194
SAM_0195
SAM_0198
SAM_0200
SAM_0202
SAM_0203
SAM_0204
SAM_0205
SAM_0206
SAM_0210
SAM_0211
SAM_0212
SAM_0213
SAM_0214
SAM_0216
SAM_0219
SAM_0220
SAM_0225
SAM_0228
SAM_0230
SAM_0233
SAM_0234
SAM_0240
SAM_0244
SAM_0245
SAM_0246
SAM_0248
SAM_0249
SAM_0251
SAM_0253
SAM_0254
SAM_0255
SAM_0257
SAM_0258
SAM_0259
SAM_0260
SAM_0261
SAM_0262
SAM_0263
SAM_0264
SAM_0266
SAM_0267

 

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

Actualizado ( Domingo, 22 de Mayo de 2011 08:03 )
 

Comentarios  

Boa festarula 17-05-2011 17:15 #

Foime imposible asistir e sintoo porque, a pesar do nordés, parece que a festa estuvo moi animada, ademais a paella ten unha pintaza...!!!. Animo e ide a votar todos o dia 22!!!

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar