Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 07 de Mayo de 2012 08:00   
Alí Babá y Las 40 Sentencias
Camariñas - Politica en Camarinas

Camarinas.eu proporciona ao Maxistrado do Río do Prado 40 novas causas para a expulsión do seu Amo

Vista a novedosa, sólida e intachable xurisprudencia sentada recentemente polo Partido Popular de Camariñas ("expulsarase expeditivamente a todo aquel que ande implicado en causas xudiciales porque nós non queremos xente así no noso partido"), aquí en Camarinas.eu dóusenos por colaborar co seu secretario xeral, o célebre e respetado Maxistrado do Río do Prado, e instruir o noso propio sumario. Constatado que os antecedentes de 10 sentencias condenatorias contra o propietario dunha fenecida empresa de vixiancia e protección galega non foron suficientes para o instructor de expulsións sumarias decidimos acudir na búsqueda de novas probas a uns vellos e queridos coñecidos do Rockefeller da seguridade: www.galizacig.com, a web da Confederación Intersindical Galega (CIG), a cal, ironías do destino, contaba cun tomo da extensión do antigo testamento adicado ás andanzas e desventuras da empresa VIPROGA, S.A.
Por favor, registrate para calificar.
Actualizado ( Martes, 08 de Mayo de 2012 20:00 )
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Domingo, 01 de Abril de 2012 22:35   
O PP de Camariñas apoia a ocupación ilegal do CNC
Camariñas - Politica en Camarinas
O proceso de golpe de Estado no CNC volve aos seus iniciosDespois dun período de relativa calma, os que tentan facerse co poder no CNC volven á carga e non dubidan en apoiarse no poder e na forza que proporciona un partido político para tentar aniquilar a aqueles que se opoñen ás súas pretensións. Así, en nota de prensa remitida aos medios, e publicada no Diario Oficial dos golpistas náuticos, puidemos saber que a agrupación local do PP de Camariñas presta un "apoio total" as actuacións desenvolvidas por quen okupou ilegalmente as instalacións da que foi a institución náutica decana da Costa da Morte, quen asaltou o negocio dun honrado comerciante, contra o que ademáis, perdida toda medida da decencia e da desvergonza, presentou unha ridícula denuncia no Cuartel da Benemérita "por non ser atendido". Supoñemos que os promotores de tan vergoñante misiva apoian "totalmente" ademáis o incumprimento da palabra dada por ese mesmo político nunha comida con socios do CNC na Coruña na que se comprometía a  abandoar as instalacións okupadas o 7 de febreiro, apoian o seu grave desencontro nocturno ca Guardia Civil de Tráfico á altura de Baíñas, así como os insultos e inxurias vertidas públicamente contra o Alcalde no pasado Pleno do mércores 28 de marzo.

Por favor, registrate para calificar.
Actualizado ( Martes, 15 de Mayo de 2012 11:52 )
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Domingo, 01 de Abril de 2012 08:30   
Aprobacion Provisional do PXOM (II)
Camariñas - Politica en Camarinas
Daniel Rego, político de éxito, bebe apuradamente un botellín, neste caso de augaDespois do Pleno chiquitero, chegou o Pleno da resaca. O cambio de horario resultou letal para a orixe da que extrae os seus superpoderes o gran villano da política en Camariñas e así o Pleno polo que se aprobaba provisionalmente por segunda vez todo un PXOM resultou prácido e tranquilo como unha tarde de primavera. En ocasións ocorre que incluso as criaturas maléficas esaxeran a dosis habitual e o rastro de devastación e caos provocados polas mesmas (en imaxe para un concello, en convivencia das boas xentes, en proxectos saboteados ou botados a perder...) excede do que normalmente xa se espera, tal que aconteceu o mércores 28 de marzo. E así malgastadas as súas forzas en fogos de artificio, en salvas de fogueo, en un pleno extraordinario intrascendente como hai unha ducia cada ano, cando chega a cita histórica, cando se requiren intervencións acertadas, discursos preparados e actuacións longamente meditadas, o silencio, as cabezas baixas e os balbuceos, a nada máis absoluta,  son a constante, poñendo brutalmente de manifesto a falta de preparación, de nivel, a carencia de estratexia e de proxecto dun respetable partido político deixado por mor dun sino fatal en mans de arribistas sen escrúpulos e supervivintes arruinados por completo, perdedores de mil batallas, acollidos á política como derradeira oportunidade.
Por favor, registrate para calificar.
Actualizado ( Domingo, 01 de Abril de 2012 11:47 )
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 28 de Marzo de 2012 17:30   
Graves insultos no Pleno Extraordinario
Camariñas - Politica en Camarinas
Daniel Rego, empresario de éxito, impartío un par de impagables leccións de economíaConvócanse plenos en horario chiquitero e claro: pasa o que pasa. Sobre todo cando os graves desencontros ca Guardia Civil de Tráfico dun concelleiro camariñán habitual perdedor de todo tipo de eleccións aínda están recentes e son de público coñecemento. É por elo que aquí en camarinas.eu esiximos dende xa a presencia da Benemérita cos correspondentes alcoholímetros á entrada de todo pleno municipal que se celebre de agora en diante como modo de alonxar a perpetuidade da Casa Consistorial ao político metido a okupanáuticos profesional e asaltador de negocios particulares. A maiores obviamente de pedir encarecidamente aos responsables do Concello de Camariñas que nunca xamáis convoquen un Pleno extraordinario a un horario tan irregular como as 13:30 horas, sobre todo cando algún que outro dende o 10 de xaneiro cumprío o sono de toda unha vida e conseguío facerse con todo un bar para el sólo (ocupación ilegal mediante, eso sí). O próximo paso para que a realización persoal sexa completa será convertir esa mesma cafetería, chamémoslle Club Náutico, en local para timbas de póker ata altas horas da madrugada.
Por favor, registrate para calificar.
Actualizado ( Viernes, 30 de Marzo de 2012 23:21 )
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 08 de Marzo de 2012 16:00   
Interesante Visita do Presidente de Portos
Camariñas - Politica en Camarinas
Jose Juan Durán deixou cun palmo de narices ao okupanáuticos profesionalO pasado mércores 29 de febreiro de 2012, cara ás 11 da mañán, comenzaba en Camariñas  unha visita do Presidente de Portos de Galicia que dende un punto de vista político-náutico prestábase a numerosos interrogantes. ¿Arroxaría algunha luz sobre as dúbidas da cidadanía respecto á sorte do volatilizado "Programa de actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI"? ¿Ou podería seguir a querencia tradicional dalgún compañeiro de partido en Camariñas de descargar funestas responsabilidades en alguén do seu entorno político ("eu ahí non tiven nada que ver, eso foron chiculatadas")? ¿Accedería unha persoaxe de semellante importancia institucional a sacarse fotos a carón dun okupanáuticos profesional e asaltador de negocios particulares, posible recordman mundial en número de denuncias interpostas de todo tipo (maiormente perdidas) e de derrotas electorais? A diferencia da Cea do Socio acaecida no mes de agosto no CNC ¿os desta volta numerosos e supoñemos que suculentos pinchos (porque tampouco lle vas a ofrecer a todo un Presidente de Portos un par de vasos de Coes ou Bomar nin un par de rodaxas de pulpo cortadas podería decirse que a máquina) que estaban listos na Cafetería do CNC serían degustados pola comitiva presidencial?
Por favor, registrate para calificar.
Actualizado ( Domingo, 18 de Marzo de 2012 20:03 )
 


Página 1 de 18