Ensaio do Coro Municipal de Camariñas
Sociedade en Camariñas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Sábado, 04 de Febrero de 2012 11:14

A profesora do coro nun ensaio este venres 3 de febreiro

Un novo piano para ensaiar o seu repertorio habitual pero tamén para interpretar algunha peza de Rajmáninov ou calquera dos concertos para piano de Piotr Ilich Chaikovski se algún valiente osa acometer semellante desafío ven de ser estreado recentemente polo Coro Municipal de Camariñas. Trátase dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña, se dos tempos de Salvador Fernández Moreda como presidente ou dos do recente Diego Calvo, eso xa non o sabemos nin, sinceiramente, nos importa, nin imos perder un segundo do noso escaso tempo investigando o proceder da financiación da pianola que permitirá aos nosos amigos do Coro Municipal afinar as impecables e cuasiexactas interpretacións do seu amplio repertorio. Ao fin e ao cabo os cartos que financiaron a citada subvención que nos saibamos non saíron dos bolsillos de ningún político senón do sufrido, exprimido, enganado e depauperado contribuinte español: aquel levado a unha situación de ruina polo actuar lamentable, incompetente e corrupto desos mesmos políticos que venden calquer subvención ou inversión como si da victoria das Termópilas se tratara. Alleos a estas divagacións dun sábado noite os nosos queridos amigos do Coro Municipal esta semana comenzaron os ensaios co seu flamante novo piano e, obviamente, a web que fai da plasmación do día a día de todo un concello nos albores do século XXI un arte non podía deixar de estar alí. Sobre todo porque oír ao noso coro en acción musical sempre constituirá un deleite e un honor.
Por favor, registrate para calificar.
 
I Carreira Pedestre de Camariñas
Deportes en Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Miércoles, 01 de Febrero de 2012 17:00

Juan Cabrejo, o artífice das grandes citas deportivas na Costa da Morte

Corren días dunha intensidade nunca antes vista na Concellería de Cultura e Deportes de Camariñas. Á batería de proxectos e iniciativas postos en marcha recentemente sumáselle agora, fruto da colaboración entre Juan Manuel Cabrejo Pasantes e José Manuel Rodríguez Tajes, a organización da I Carreira Pedestre Popular da historia de Vila das Palilleiras. Un certame diseñado seguindo as directrices dun dos máis expertos corredores da Costa da Morte que non dubidou en axudar a diseñar un itinerario de 10 kilómetros, esixente, con tramos de asfalto e outros de terra, pero que permitirá aos participantes contemplar algunhas das paraxes máis fermosas da terra, en especial as comprendidas entre o Monte da Pedrosa e o cruce de Reira, algo que segundo José Manuel dotará de alas aos pes dos corredores. Estímase que entre 250 e 300 persoas entre participantes e familiares poderían achegarse por Camariñas na mañán do domingo 4 de marzo, co que elo pode supoñer para a economía do noso concello. Agora só hai que esperar que o tempo acompañe para que poidamos desfrutar do máis grande certame atlético de toda a nosa historia. Xa o dixo camarinas.eu no seu día: era chegado o momento de recoñecer institucionalmente a José Manuel Rodríguez Tajes todo o seu esforzo, o seu exemplo, por todo o que este gran mediofondista camariñán ten realizado a prol do desenrolo e difusión do deporte. A Concellería dirixida por Juanillo recollío o guante lanzado por esta web e así a realización da proba virá precedida dunha pequena homenaxe ao home que fixo do atletismo un modo de vida.
Por favor, registrate para calificar.
 
A Xornada de Juanillo 29-01-2012
Deportes en Camarinas
Escrito por juan cabrejo   
Miércoles, 01 de Febrero de 2012 09:06
O FC Camariñas do Moriño continúa a súa escalada hacia o títuloPois por fin unha xornada futbolística na que entre os nosos cinco equipos en liza (o Cerceda de Juanillo e os catro do concello) non caío ningunha tunda contundente. Débese salientar o triunfo solvente, inapelable, dun Camelle que parece ir a máis. Se por outro lado se engaden os empates de Xaviña e Porteño, constátase que estamos posiblemente ante a primeira xornada do que vai de campeonato onde ningún dos nosos equipos en Terceira Rexional salío perdedor. Igual algo de diferencia (negativa) no marcador sí que houbo no encontro que enfrontaba aos nosos cadetes varóns da Escola Infantil de Balonmán co S.A.R., pero como estos rapaces son ante todo uns auténticos gentlemen do deporte, non perden o sorriso e desfrutan como enanos da súa participación na liga, nembargantes para compensar as féminas están feitas unhas fieras e apabullaron ao Porriño por 30 a 16. ¡Ánimo chavales, xa chegaran as victorias!
Por favor, registrate para calificar.
 
Cangas 32-22 Conservas Boya
Deportes en Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Lunes, 30 de Enero de 2012 17:00
Derrota dos nosos nunha cancha sempre complicadaBuen partido hasta el 12-11. A partir de ahí, los postes, la mala suerte y el portero local, hicieron ganador a un Cangas que no fue tan superior como indica el resultado, pero sigue siendo la tónica de los últimos partidos, equipos parejos que se hacen con el encuentro cuando coincide el bajón físico camariñán. Hay que salir de esta dinámica perdedora, y eso solo se consigue con entrenamiento y más  ntrenamiento, pues ahora ya se está al borde de los puestos de descenso, en zona muy peligrosa. El próximo sábado a las 18:30 nos visitará el Zamora, un gran equipo que aspira al título.
Por favor, registrate para calificar.
 
Golpe de Estado no Club Náutico
Sociedade en Camariñas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Lunes, 30 de Enero de 2012 10:00
Daniel Rego, pai da ex-concesionaria do Bar Restaurante do CNCTraspasados hai tempo os límites do sentido común, rebasados todos os diques da decencia, o proceso de toma do poder no Club Náutico pola minoría radical e violenta que ocupa ilegalmente as súas instalacións sumou este fin de semana dous novos episodios de inusitada gravidade. O venres 27 ca non entrega ao Presidente do CNC das chaves do Bar Restaurante. O sábado 28 ca celebración nunhas instalacións okupadas dunha asamblea ilegal. Dous episodios íntimamente conectados, causa e efecto, porque si a estas alturas aínda hai alguén que o dubida a non renovación da concesión da Cafetería é a única causa  da maior crise desatada no CNC en toda a súa historia, causa que con éxito máis ben descriptible intentouse disfrazar aludindo a diferentes pretextos: que si concesión dos pantaláns, que si a venta dos barcos, que si o título de Real, etc... excusas ridículas que resultan prescindibles agora que pola actitude deste minoritario sector desquiciado e ultra, derrotado ampliamente por 54 a 33 na asamblea do 17 de decembro (votación do 7º punto: Renovación do Bar Restaurante),  a maior parte dos proxectos de futuro no CNC se botaron a perder xunto co prestixio dunha institución que sempre foi exemplo de respetabilidade e bo nome.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 272