Escrito por Administrador    Martes, 24 de Junio de 2008 17:01   
San Juan 2008 en Camariñas
Camariñas - Festas en Camarinas

O mellor San Juan de toda a Costa da Morte

Imaxe parcial da gran festa que a Asociación Lumarea da Vila organizou este Luns de San Juan
Imaxe parcial da gran festa que a Asociación Lumarea da Vila organizou este Luns de San Juan

Agora que todo asociacionismo parece ser do mesmo signo e os cambiachaquetas e pelotilleros (sin comillas) están a tope de traballo, camarinas.eu sigue coa súa labor informativa independente e vai a resumir brevemente o acontecido onte no San Juan máis multitudinario da Costa da Morte: o de Camariñas. A verdade é que non se pode pedir máis para unha festa que leva celebrándose na nosa vila desde tempos inmemoriais e que últimamente estaba algo de capa caída. Onte puidéronse ver dúas lumareas xigantescas e todos os bares estaban repletos de xente alapada por devorar as boas sardiñas que se pescaron este sábado en Camariñas.


Cerca de 2.000 persoas abarrotaron a praia de Area da Vila para degustar esas boas sardiñas ao tempo que escoitaban a orquestra Acirema e esperaban para ver o acendido da inmensa fogata que a Asociación "Lumarea da Vila" conseguío conservar ata as 12 da noite sen que ningún pirómano lle prantase lume antes de tempo (eso si, tiveron que estar os rapaces da asociación durmindo todo este fin de semana en tendas de campaña ao lado desta lumarea para resgardala de posibles ataques). Nos bares do noso pobo tamén había un ambiente espectacular e caseque todos os locais organizaron a súa festa particular. No Arnela poidemos ver ao noso Top Camariñas Juanillo asando sardiñas coa súa avoa Gelina e no Casino a miña nai Mari Carmen asando unhas boas tiras de churrasco. Ademáis no Bar Victoria estaba Mario (como é xa habitual) preparando o lume para asar. No Pinar estaba Osquiña tamén a tombos co carbón e nas Vegas os nosos queridos amigos Malena e Lalá non daban abasto a repartir sardiñas.

Bueno, pois nada, si queredes ver todo o acontecido onte en Camariñas pulsade na foto e mirade as máis de 150 fotos que puden sacar antes de caer de rodillas debido aos efectos do alcohol e o empacho de sardiñas e churrasco. Nestas fotos podedes ver unha reportaxe completa de todo canto aconteceu en Camariñas desde as 7 da tarde ata as 2 da mañán. Espero que vos guste.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

+1 FESTArubiasexy 24-06-2008 20:16 #

INCREIBLE .DEMASIADO..MIMA..QUE.BEN.OS.MEUS.OLLOS.DEMASIADO,,MIMA ,,QUE,,BONITO,, MUTAS GRASIAS,,,DIEGO ,,MIMA,,QUE,,BI NITO,,SEFA

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 taller 24-06-2008 20:37 #

Bene, bene, miracoloso tutto che passa en Camarignas!!

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 Pion 24-06-2008 23:07 #

grasias diego polo reportage fotografico fas majas pero faltan as fotos de corea que non ai niguna,pero xa sei que todo non pode ser e igual grasias de todos modos

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 PIRUCA 24-06-2008 23:11 #

FAS MAJAS DIEGO,RECORREST ES O PUEBLO ENTEIRO,SI SEÑOR,MOI BOA REPORTAXE.
ALEGROME DE QUE HOUBERA TANTA XENTE EN TODOLOS SITIOS.
UN SAÚDO A TODOS OS CAMARIÑANSSSSSS

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 diegoalfr 24-06-2008 23:22 #

Si oh! tes rasón Pión que faltan as fotos de corea pèro cando chejei a corea xa non ardía a lumarea nada e fun para o Arnela a tomar aljo e, bueno... xa quedei alí cantando baixiño.. jeje. bueno, perdón por non ter ningunha fotiño de corea.

Faltabas ti no casino con Jaba e Gabi PIRUCAAAA!! jeje!

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 trintadousventos 25-06-2008 00:57 #

Grandisimo reportaxe, pa os que estan fora esto deve ser demasiado, Diego, dios cho paje con muitos fillos, jeje.

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 Javi 25-06-2008 08:52 #

Esi si que falta aki....

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 fabio 25-06-2008 10:15 #

SI ABERDA ECHE QE ALUMAREA DA REA DA VILA TUBO CRIMINAL.EU PASENO BONBA ALI,DESPOS FUN PA DE COREA PERO SA CABARA.MIMA PERRO REPORTAGE SI SEÑOR FASEDES MAGAS

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 \"SAN JUAN REXURDIO DAS SENISAS\"JABA 25-06-2008 10:57 #

DIEJO:Un reportaxe extraordinario, este ano,as lumareas de SAN JUAN,"VOLVERON A REXURDIR DE ENTR AS SENISAS".aHH,o churrasco do casino estaba boisimo,komo non vai estar boo si o fixo miña tia!!saudos.

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 JRASIASO SOCO 25-06-2008 12:52 #

JRASIAS Diego por traernos estas imaxens a os que estamos fora e asi de aljuna maneira poder partisipar nestes festejos.

Un millon de JRASIAS!!

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 gelinita 25-06-2008 19:41 #

hola son laura. quero felisitar a diego por semejante reportaje. faltan as fotos da lumarea de corea que fui a que siempre ajuantou ahi,pero xa lein que cando diego chejou xa estaba apajada. de todas formas FELISIDADES.
por serto que samuel está enorme e juapísimo e de meu tío manoliño xa non dijo nada que despós a montse non lle justa.
saludos a todos

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar