Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 24 de Abril de 2012 19:00   
Procesión de San Xurxo 2012
Camariñas - Festas en Camarinas
Devoción e fe arredor do Patrón de CamariñasO clima dou un respiro e o Patrón de tódalas Camariñas saío en Santa Procesión sen maiores atrancos, rodeado da fe e da devoción das súas xentes. Multitude de camariñáns, maiormente procedentes dos distintos lugares do Distrito de Buría, inundaban o atrio da Igrexa Parroquial cando pasadas ás 13:00 horas San Xurxo facía a súa aparición polas portas do templo sagrado nunhas datas sempre a medio camiño entre unha recén fenecida Semana Santa e o verán pródigo en todo tipo de festexos que se aveciña. Así soe ser a festa do Santo Patrón, habitualmente azoutada por un duro e implacable nordeste ou polas inoportunas augas primaverais. Nembargantes, tal que decíamos, no Ano do Noso Señor de 2012 o clima dou un respiro, dende os ceos fíxose a luz e santo que terminou co dragón dun lanzazo poido saír a recibir o cariño, a devoción e a fe das súas xentes sen maiores atrancos.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 21 de Abril de 2012 13:00   
Festa de San Xurxo 2012
Camariñas - Festas en Camarinas
A festa en honor ao Patrón de Camariñas arranca este sábado 21 de abrilDende este sábado 21 de abril o Distrito de Buría e por extensión Camariñas están en festas. A edición do 2012 da Festa en honor do Patrón da Vila dos Encaixes arranca aos sons do baile vermouth e extenderase ata o martes 24 de abril. A comisión de festas organizou un completo programa de actuacións que inclúe ás orquestas Nueva Generación, Ciclón, Fania, Marbella, Abanico, Aché, Palladium e Cinema, ademáis da xa clásica e obrigada ofrenda floral no Cotro ao camariñán que construío desinteresadamente a finais do século XIX a Igrexa Parroquial. O día grande caerá este ano en luns e esperemos que as chuvias que están a caracterizar un mes ata o de agora pródigo en augas dea unha tregua e os camariñáns, especialmente aqueles que residen nos diferentes e antigos lugares de Buría, poidan honrar como se debe un ano máis ao noso Santo Patrón.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 12 de Abril de 2012 22:00   
Luns da Virxe do Monte 2012
Camariñas - Festas en Camarinas
Nunha espléndida mañán primaveral a Virxe dos as tres voltas ao redor da ErmitaSe na tarde dominical do 8 de abril unha importante delegación da vila de Camariñas se dou cita nas alturas do Monte Faro, na mañán do luns que o seguía prácticamente todo un pobo acudío como un só home á montaña sagrada. Dende as 9 da mañán, horario da primeira das misas, oleadas consecutivas de camariñáns tomaron ao asalto a capela da Virxe do Monte. Alí estaban: dende sinxelos mariñeiros de conciencias puras ata políticos de corpos e almas putrefactas, corrompidas ata os tuétanos; dende rapaciños inocentes que comenzaban a tradición que os acompañará o resto das súas vidas ata serenos xubilados que acumulan décadas continuadas de devoción e fe; dende  xóvenes redactores atraídos por unha estrana, indefinible, chamada mezcla de folklore, patriotismo e tradición ata os que non dubidan, aqueles puros de corazón para os que o mundo constitúe un todo perfecto e claro, de leis e reglas ríxidas e inmutables. Alí todos eles anhelando facerse perdoar os pecados acumulados nun ano pródigo en culpas e deslices contra o Señor. Alí todos eles na posiblemente data máis emblemática en todo un exercicio para os naturais da así chamada Vila de Camariñas.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 11 de Abril de 2012 19:00   
Festa da Zorza de Camariñas 2012
Camariñas - Festas en Camarinas
A Festa da Zorza: unha gran iniciativa para acompañar á Semana Santa camariñanaSen necesidade de okupar ilegalmente todo un club náutico, sen asaltar negocios de comerciantes particulares, sen deixar pufos de máis de 2.500 euros por unha partida de sardiñas en Camelle, e sen necesitar o máis mínimo os servicios do cociñeiro náutico habitual (algo que non deixaron de agradecer encarecidamente os paladares dos seus clientes), un puñado de xóvenes rapaces camariñáns organizou de forma exitosa este sábado 7 de abril un evento chamado a convertirse nun clásico do calendario gastronómico da Costa da Morte: a Festa da Zorza. Se os máis novos para triunfar rotundamente non teñen que acudir nas súas actuacións a semellantes espectáculos lamentables, non entendemos por que sí o fan os máis vellos, sobre todo cando xa están ao final da escapada. Ou tal vez precisamente por elo. En todo caso, a partires das 19:00 horas, organizada pola Comisión da Festa do Carme,  na Praza do Mercado arrancou a edición da Festa da Zorza do 2012 como prolegómeno das actuacións que se extenderían ata altas horas da madrugada a base da mellor música da discoteca móvil e das orquestas e que permite anticipar unha traxectoria exitosa aos membros da Comisión. Os primeiros compases da Festa do Carme do presente exercicio non puideron comenzar mellor. Por outra banda, os membros da Comisión queren facer público a través de Camarinas.eu que o número premiado no soreto celebrado ao efecto foi o 387. O agasallo consistirá en 300 eurospara gastar en calqueira dos establecementos da capital municipal. En establecementos legais, queremos decir, nos okupados non.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 09 de Abril de 2012 20:45   
Domingo da Virxe do Monte 2012
Camariñas - Festas en Camarinas
O pobo de Camariñas volcouse un ano máis ca Virxe do MonteNon pode haber mellor colofón á Semana Santa camariñana que a procesión á Virxe do Monte. A visita ao monte sagrado da Vila das Palilleiras congrega ano tras ano centos de veciños felices por acompañar á súa virxiña na súa subida aos ceos. Cáseque á mesma hora en que na Avenida Euxenio López se daba fin a outra exitosa edición do certame encaixeiro de maior entidade a nivel mundial, na Ermita do Carme poñíase en movemento unha longa serpente multicolor para acometer á viaxe ao Monte Faro. Fe, devoción, agradecemento e patriotismo camariñán imbúen unhas mentes nas que a visita á Ermita do Monte convírtese nunha obriga ineludible. E alí como sempre non podía faltar Camarinas.eu na súa dobre cita de domingo e luns. Polo de agora vaia por diante a galería fotográfica do acontecido o Domingo 8 de abril do Ano do Noso Señor de 2012 a partires das 18:00 horas.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 24