Escrito por Administrador    Martes, 28 de Agosto de 2007 16:23   
Area da Vila: Novo campo de futbol
Camariñas - Deportes en Camarinas

Un campo de fútbol na praia

Acondicionamento do campo da praia de Area da Vila
Acondicionamento do campo da praia de Area da Vila

Debido ás recentes obras para a instalación do céspede artificial no Estadio de fútbol camariñán "Hermanas Patiño", para os adestramentos dos xogadores do F.C. Camariñas foi necesario acondicionar a explanada de herba que cos anos foi crecendo nun dos lados da Praia de Area da Vila, concretamente a  que está a carón do Paseo Marítimo.

As citadas obras no "Hermanas Patiño", adxudicadas en máis de 324.000 euros á empresa Mondo Ibérica S.L., parecen a continuar a bo ritmo pero non estarán listas en principio para principios de tempada. Os xogadores están contentos de poder entrenar na Area da Vila xa que están máis cerca do pobo e ainda se pasa alguén por alí para ver como entrenan. Esto dalle un pouco máis de motivación aos xogadores camariñáns que tamén poden aproveitar a praia para facer exercicios físicos pola area, algo moi importante para a forma dun futbolista, e para prevenir posibles lesións. No interior desta noticia tes a oportunidade de ver como van as obras do Campo de fútbol Hermanas Patiño de Camariñas e o acondicionamento da Praia de Area da Vila para campo de entrenamento a través dunha galería fotográfica.
 
 

 

 

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar