O noso usuario Sergio participa nunha prova atlética para SuperHomes
 Sergio o día máis grande para un militar: O Día da Xura da Bandeira española
Sergio Pasantes Campaña é un xoven camariñán que hai xa uns cuantos anos decidío alistarse como soldado profesional no Exercito Español. Calatayud, Lanzarote, Ceuta, Astorga, e agora Pontevedra foron os destinos nos que sucesivamente foi servindo á nosa Patria. Pero ademáis para todos aqueles que o coñecen, Sesiño é un enamorado do deporte e nunca falla os fins de semana para xogar como mediocentro do Camariñas F.C., como xa anteriormente xogara no Camariñas Xuvenil ou no Porteño. Pero a súa paixón polo deporte levouno este 10 de maio pasado a participar en Ronda (Málaga) nunha prova pensada para auténticos homes de ferro: Os 101 Kilómetros en 24 horas, onde participou como membro da delegación enviada pola Brigada Lixeira Aerotransportada (BRILAT), con base en Figueirido, Pontevedra. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha pequena galería de fotos.
Un gran resultado: posto 192 entre 2500 participantes
Este fin de semana pasado, celebrábase en Ronda (Málaga) a 12ª edición dos "101 km en 24 Horas", unha prova de esforzo e resistencia que foi como tódolos anos organizada polo 4º Tercio, Alejandro Farnesio, da Legión Española, a pesares de que a maior parte dos lexionarios españois estén actualmente en misións de mantemento da paz en Afganistán e no Líbano. A prova ten un único itinerario para todas as categorías e modalidades existentes, existindo as seguintes categorías: Infantil de 4 a 12 anos, senior de 18 a 34 anos, veteranos de 35 en adiante e a categoría de Militar Absoluta.
Precisamente foi nesta última onde participou o noso usuario Sesiño facendo os 101 km de percorrido en 13 horas e 21 minutos. A súa prova comenzou o sábado ás 11 da mañá e polo tanto cruzou a liña de meta ás 00:21 horas do domingo. Hai que ter en conta que fixo todo o traxecto dun tirón, aproveitando para andar polas costas arriba da Serranía de Ronda e correndo nas baixadas, deténdose únicamente para beber e comer algo nos diversos puntos de avituallamento establecidos ao longo do traxecto. Na súa categoría houbo 2.500 participantes, dos cales 700 eran militares e 1.800 civiles.
Os que coñecemos a Sergio sabemos que a pesares de estar un pouco delgado está fuerte como un toro, por iso obtivo o posto 41 entre os militares e o 192 entre o total de participantes, obtendo polo tanto un resultado moi meritorio. Para rematar, esta redacción dalle a noraboa a Sergio, Sesiño para os seus veciños do auténtico e olvidado barrio camariñán da Plaza, polos excelentes resultados e anímao a seguir participando neste tipo de provas e demostrando a valía e fortaleza física dos camariñáns alá por donde vaian, sobre todo os da Plaza de Camariñas.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|
Comentarios
Sergio deseoche o mellor do mundo,estudiamo s xuntos e siempre,siempre fostes un chaval formidable.Que che vaia todo bonito.
Sergio eres un tio estupendo,deseo che que che vaia todo genial.
estas como un toro
Bueno, a verdad é que na miña familia todos estivemos siempre como toros, jajajaj, felicidades primo e sigue cubrindo de gloria o apellido familiar!!!
FAS MAJAS SERGIO,EU NON SABÍA QUE ESTABAS DE MILITAR,SI SEÑOR.NORABOA POR ESE POSTO. QUE PASADA FACER 101 KM,MIMADREEEE,T ES QUE ESTAR EN FORMA EH.
POIS NADA MÁIS SERGIO,CUIDATE MOITO E NON CAMBIES,ERES MOI BOA PERSOA.
So podo decirche que e triste pero certo que cada vez van quedando menos homes coma os de antes,fortes e duros.
Alegrome que sempre axa unha excepción.
Moitas felicidades,e un orgullo poder compartir estas verbas con persoas asi.
muitas felicidades si señor ben ajudo,,non sei ben quen heres faiseme unha cara mui conosida pero aberda que no me acordo felisidades .sefa.e.os.pedros.
Dedicación, esfuerzo y sacrificio: virtudes ya de otros tiempos...
as miñas felicitacións Sergio, sen dúbida un gran resultado nunha proba mítica nos círculos castrenses.
Si señor Sergio o que fixeches e unha auténtica hombrada. E un orgullo para Camariñas contar con homes coma ti. ENRORABOA, e a ver que e o próximo reto que te plantexas.
enhoraboa Sergio por ese tan bo resultado, e polo esforso tan jrande que ficxestes,
enhorabuena sesiño!!!!eres un fenómeno.saludos desde cartagena
Sí señor,Sesiño eres un artista,sempre fuches un gran deportista lévalo na sangue.Como eres un gran rapaz,sigueo sendo que sempre chegaras lonxe.biquiños.
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.