Santa Mariña ten o seu propio Fernando Alonso
 Sergio Martínez, primeiro pola esquerda festexa no podio o seu triunfo inapelable
Xa podemos tirar con Fernando Alonso ao mar. E concretamente contra as pedras de Santa Mariña agora que alí aparecío o seu sustituto natural que como o gran piloto asturiano debuta e triunfa no mundo dos karts. Bromas aparte, o rapaz Sergio Martínez, con pai de Santa Mariña e nai de Santa Comba, é todo un neno prodixio no mundo dos karts tal e como o proban as súas victorias continuadas ao frente do equipo Hobbykart-Cubicaje no Campeonato de Galicia de Karting. Pulsa na foto para ler a traxectoria deste neno prodixio de Santa Mariña e ver as fotos do seu triunfo inapelable no circuito de A Magdalena de Soutelo de Montes.
Santa Mariña ten o seu propio Fernando Alonso
 Este xoven santamariñán pilotando ca súa maestría característica o seu kart
O xoven rapaz de Santa Mariña Sergio Martínez, piloto do equipo Hobbykart-Cubicaje arrancaba este ano no Campeonato de Galicia de karts con grandes expectativas, e non tardou en demostralas xa na primeira carreira do mesmo que tivo lugar en A Pastoriza, na que a pesar de saír na primeira manga da carreira de número doce (é decir, de último) por problemas nos entrenamentos, debido á súa maxistral maneira de pilotar foi adiantando volta a volta a tódolos rivais para nun final de infarto por escasas décimas acabar a carreira en segunda posición. O propio Sergio, según recolle a web www.kartingmotor.com, comentaba bromeando que "Creo que vou a prescindir dos entrenamentos cronometrados, pois as miñas mellores carreiras son sempre
cando salo dnsde o final. Xa aquí no ano 2006 fixen unha remontada
espectacular adiantando a todos os cadetes e alevíns nunha manga para
proclamarme sub-campeón cadete dese ano".
O triunfo non se podía facer esperar e xa na terceira carreira do Campeonato Galego, que tivo lugar no circuito de A Magdalena de Soutelo de Montes (Pontevedra), tras facer o mellor tempo nos entrenamentos preparatorios arrasaba literalmente a tódolos seus opoñentes nas dúas carreiras da Categoría Cadete cunhas ventaxas de escándalo: 10 segundos na primeira carreira e 4 na segunda, complementando a súa labor o outro piloto do equipo Hobbykart-Cubicaje, Pablo Torres natural de Cambre, que remataba na segunda posición a carreira da Categoría Alevín. En fin, quen sabe si as xestas ao volante do gran Fernando Alonso teñen un digno sucesor neste xoven campeón santamariñán que tan boas maneiras apunta aos mandos dun kart.
 Gañador por dereito propio da última carreira do Campeonato de Galicia de karts
 No podio Sergio xa está acostumado a ocupar o sitio de honor
 Momento da carreira que gañou con gran ventaxa
 O seu pai, mecánicos e familiares seguen atentamente as súas evolucións
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|
Comentarios
si señor que rapas tan ajudo,felicidad es neno dios che dea suerte rubia
En este ayuntamiento temos campeons de todos deportes.Animo campeons.
Estes rapses van ser millor que Fernando Alonso.Sejir asi.
Sergio sijeentrenando duramente que sejuro vas a chejar muy lexos,e nos desde aquí apollándote,mui tas felisidades polo teu triunfo
ostia canto tempo e chaval eu estuven contigo en snta comba dous anos sergio e cando ivamos os karts e ti viñas na miña clase e un saludo campeon
MOI BEN SERGIO,SIGUE ASÍ CAMPEÓNNNNNNNNN
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.