Escrito por Administrador    Martes, 29 de Abril de 2008 17:08   
Nerea Lopez Lijo, subcampeona provincial de badminton
Camariñas - Deportes en Camarinas

Camariñas, unha canteira de campeóns

Nerea no momento de recibir a medalla de plata nas instalacións do Club de Mar
Nerea no momento de recibir a medalla de plata nas instalacións do Club de Mar

Non deixa de sorprendernos a cantidade de deportistas de élite que están xurdindo nestes últimos anos no Concello de Camariñas gracias ao traballo dos grandes profesionais da área de deportes do Concello, os cales se esforzan en facer dos nosos pequenos uns auténticos campeóns. Neste caso é unha xoven rapaza chamada Nerea a que ven de facer unha auténtica xesta este fin de semana proclamándose subcampiona provincial no torneo disputado na Coruña.

A competición tivo lugar nas instalacións dunha institución emblemática da cidade herculina (O club de Mar) cunha gran asistencia de participantes nas distintas categorías e de público que encheu o recinto. Alí o sábado Nerea foi eliminando un a un a todos os seus opoñentes ata prantarse na final provincial da Categoría Infantil Femenina na que loitou ata a extenuación perdendo ao final por moi pouco. Seguramente para a próxima vez e dado o excepcional traballo desenrolado pola Escola Municipal de Badminton teremos toda unha campiona provincial, eso como paso previo a aspirar a cotas maiores. Pulsa para ver unha foto de Neréa na Final Provincial de Badminton. 

Nerea durante un dos seus partidos do sábado onde quedou Subcampeona Provincial
Nerea durante un dos seus partidos do sábado onde quedou Subcampeona Provincial


 

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

+1 gelinita 29-04-2008 21:56 #

Aparesen campeons por todos lados.Enhoraboa atodas.

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 mantida 29-04-2008 22:13 #

dónche a miña noraboa polo teu triunfo,todos vos deixades o consello de Camariñas muy alto,felisidade s.

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 MUI BENJABA 30-04-2008 15:11 #

ASI ME GUSTA K AS MULLERES D CAMARIÑAS,TAMEN SABEMOS FASER DEPORTE

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 PIRUCA 30-04-2008 16:55 #

MOI BEN NEREA,SIGUE ASÍ QUE PODES CHEGAR MOI LEXOS.

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 Siempremikel 30-04-2008 20:51 #

Noraboa por ese podium Nerea,,saludos a teus pais,son o pai de Jenni,,sigue asi,q se vexa Dor(Camariñas)

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar