Escrito por Administrador    Martes, 18 de Marzo de 2008 17:49   
Juanillo causa baixa entre catro e cinco semanas
Camariñas - Deportes en Camarinas

Juanillo entre algodóns

Imaxe do www.laverdad.es dos momentos previos ao crucial Cartagena - Ceuta deste domingo
Imaxe do www.laverdad.es dos momentos previos ao crucial Cartagena - Ceuta deste domingo

Ían dez minutos do partido clave que enfrontaba esta última xornada ao Cartagena co Ceuta, cando nunha xogada no córner do equipo rival Juanillo fixo un mal xiro ca rodilla dereita e caío lesionado, debendo ser substituido inmediatamente. O mal aspecto da lesión fixo temer o peor nun primeiro momento, e así trala exploración inicial realizada por Genaro Zapata e Antonio Ibarra (integrantes dos servicios médicos do Cartagena) tiña unha rotura parcial do ligamento lateral interno da rodilla dereita, co que só se perdería un mes de competición, e o que era peor, probablemente, tamén podería ter roto o ligamento cruzado da mesma rodilla, o que suporía sete meses de baixa perdéndose final desta temporada e gran parte do inicio da seguinte.

Tras unha primeira resonancia, eso era tamén o que pensaba o prestixioso Doctor Pedro Ripoll, o maior experto en rodillas de España, que operou entre outros ó internacional Xabi Alonso ou ó madridista Metzelder entre outros. Pero hoxe pola mañán tras unha segunda resonancia, todos poidemos respirar aliviados tras comprobarse que só tiña roto o ligamento lateral interno e a cápsula sinobial da rodilla dereita, co que só estará de baixa entre catro e cinco semanas, o tempo necesario para que o xogador que máis minutos disputou esta temporada co Cartagena e maior ídolo da afición descanse un pouco e se poña a punto para a vital liguilla de ascenso que levará ao noso querido Cartagena á 2ª División A.

¡¡ÁNIMO JUANILLO!!

¡¡ÁNIMO JUANILLO!!

Juanillo, o Mago de Corea, tal e como xa é coñecido polos distintos periódicos de Cartagena
Juanillo, o Mago de Corea, tal e como xa é coñecido polos distintos periódicos de Cartagena

Crónica pre-partido

Cheja o momento da verdade. O domingo ás 12 da mañán resibimos no estadio Cartagonova ó Ceuta, 5º clasificado e que nos saca 1 punto, si lle janamos sería adelantalos en 2 puntos máis o jolaveraxe posto que no seu campo tamen lle janamos. Vai ser complicado, pero temos que aproveitar a boa racha que levamos. Espérase a mellor entrada da temporada, posto que as mulleres e as nenas e nenos van entrar jratis. Calcúlase (sejún a diretiva) que iran 7 ou 8 mil persoas. Esperemos que vexan unha victoria. Xa volo contarei o domingo a noite. Un saludo e vamos Camariñas!!

Crónica post-partido 

Mala jornada a nosa marcada por un árbitro que nos sacou de quisio e que non nos deixou janar o partido. Para colmo iban 10 minutos de partido e eu solo girei mal a rodilla e parese que teño aljo serio e tuven que pedir o cambio. Mañán faranme unha resonansia magnética e espero que sea menos do que en un prinsipio parese porque poderiase acabar a temporada para min, ojalá que non, a ver o que me din mañán. Partido no que o Ceuta enserrouse atras e non pasou do medio do campo, fallamos ocasións mui claras e no minuto 50 o árbitro expúlsanos a un cando non fai nin falta e incluso o xojador do Ceuta cando lle mostran a roja o meu compañeiro queda pasmado. Con 10 o equipo peleou muito e tuvo ocasións, no minuto 80 un penalty clarisimo que hasta os defensas deles levan as mans a cabesa sabendo que é clarisimo pero vai o árbitro e pita saque de porta. Cortousenos a racha de victorias pero este empate a 0-0, non nos debe de afectar e para a semana xojamos no campo do líder e derémoslle a sorpresa alí sejuro. Un saludo a todos.

Crónica dunha lesión 

Bueno, queridos usuarios de camarinas.eu, creo que hubo suerte e a nosa Virxen do Monte axudoume. O lijamento crusado non está roto. Teño roto o lijamento lateral interno e a cápsula sinobial da rodilla dereita. Estarei 4 semanas de baixa. A partir de ahora a inisiar a rehabilitasión, menos mal que non fui o lijamento cruzado sinon serían 7 meses ko. Hubo suerte o final. Muitas jrasias por preocuparvos por min. Un saludo fenómenos, sodes a mellor afisión do mundo, nunca vos podrei pajar todas as forsas que me dades.

Enlaces de interese:



Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

A CUIDARSEruliña 18-03-2008 19:34 #

juanillo ,tes rason que dentro do malo tubestes suerte.a si que ahora xa o sabes a reposar ben .e cuidate ben, que unh mes lojo pasa ,asi que che deseo todos os animos do mundo.

Responder | Responder con una citación | Citar
jose de marta 18-03-2008 19:41 #

Non pasa nada juanillo,a descansar para poder estar a tope po final da liga e mais pa liguilla de ascenso,menos mal que solo quedou neso.veña a cuidarse muito e mirar pa diante que e o mellor.Suerte.

Responder | Responder con una citación | Citar
Mikel 18-03-2008 19:50 #

Veña Juanillo,a recuperarse,,ah ora toca mirar os toros desde a barrera,,,non te preocupes q son cousas dos profesionales do Deporte,,alégro me q non fora o ligamento cruzado.Veña a descansar para poder estar a tope de novo campeón

Responder | Responder con una citación | Citar
juan 18-03-2008 21:07 #

Sonche os anos,si tuberas quinse doblabas como unha joma ,e non pasaba nada( e broma) veña a recuperarse, e suerte.
vas a ver como ahora sinti janan todos partidos,jajaja j.

Responder | Responder con una citación | Citar
Machote 18-03-2008 21:15 #

tranqui juanillo que eso curase pronto que ti es novo.

Responder | Responder con una citación | Citar
karina 18-03-2008 21:16 #

moita sorte juanillo,que amereses,4 semaniñas lojo pasan,a recuperarse campeon,,,

Responder | Responder con una citación | Citar
canpeonrubiasexy 18-03-2008 21:30 #

muy ben juanilli cuidate subriño grsias por dar informasion

Responder | Responder con una citación | Citar
duquesa 18-03-2008 21:39 #

Animo juanillo que estas como unha rosa,vale primo.

Responder | Responder con una citación | Citar
mantida 18-03-2008 23:02 #

JUanillo,xa que non podes xojar ven pa xunta nos a pasar semana santa,espero que te recuperes pronto

Responder | Responder con una citación | Citar
juanillo 18-03-2008 23:06 #

quero darvos as jrasias o todos polo voso apoyo.de verdad jrasias.sodes uns fenomenos todos/as

Responder | Responder con una citación | Citar
xan boi 19-03-2008 13:25 #

hola juanillo acabo de chejar e ahora mismo enterome do teu percance espero que te recuperes pronto chao e un saludo

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar