Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 12 de Marzo de 2012 21:00   
Resultado do Campeonato de Pesca
Camariñas - Deportes en Camarinas
O faro Vilán foi testigo outro ano máis do Campeonato de Pesca de CamariñasPois un ano máis ahí estivo camarinas.eu cubrindo o desenrolo do IV Campeonato de Pesca Faro Vilán organizado pola Asociación de Empresarios de Camariñas e eso a pesares do escaso ou máis ben nulo interese e apoio mostrado (en comparacion con casos semellantes dos cales preferimos non acordarnos) pola mencionada asociación en relación ao asalto da redacción de camarinas.eu perpetrada en datas recentes polo político habitual perdedor de todo tipo de eleccións, actualmente metido a okupanáuticos profesional (denuncia delirante a un honrado comerciante incluida). O caso é que aquí en camarinas.eu preferimos non mezclar unhas cousas con outras e todo aquelo que poida redundar nunha mellora para o noso concello, pois ahí estaremos axudando na medida das nosas humildes e moi limitadas posibilidades. Unha edición ademáis que foi quen de atraer cara a costa camariñana un número non despreciable de pescadores e que tivo como pódium de honor o conformado por José Antonio Estévez Mouzo como indiscutible campeón (11.650 puntos), Alberto Míguez Pinilla en segundo lugar (9.550 puntos) e finalmente Alberto Abelleira Iglesias con 8.300 puntos. En todo caso, unha gran iniciativa da Asociación de Empresarios (a da organización do campeonato enténdese, non a de deixar abandoado á súa sorte a un dos seus membros ante as ameazas e intimidacións de todo un líder político, aínda que éste ande de capa bastante caída dando, a semellanza dos peixiños tristemente falecidos en acto  de servicio este fin de semana, as súas últimas e paupérrimas boqueadas), que esperamos teña continuidade en exercicios futuros.

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

77 días antes
5º Campeonato de Pesca Cabo Vilán de Camariñas
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas comunica que este sábado 9

98 días antes
5º Campionato de Pesca de Camariñas
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turísticia de Camariñas organiza a quinta edición

218 días antes
Campionato Autonómico de Pesca dende Embarcación Fondeada
Este domingo desenvolverase nas augas de Camariñas o Campionato Autonómico de Pesca dende Embarc

240 días antes
Arturo Pasantes, Campeón de Pesca
Este pasado sábado 22 de setembro celebrábase na praia de Lourido (Muxía) o I Campionato Solida

438 días antes
Resultado do Campeonato de Pesca
Pois un ano máis ahí estivo camarinas.eu cubrindo o desenrolo do IV Campeonato de Pesca Faro Vilá
Por favor, registrate para calificar.