Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 13 de Febrero de 2012 17:00   
Encaixe-Camariñas 29-19 BM Lalín
Camariñas - Deportes en Camarinas
As palillieras venceron o seu encontro co BM LalínBo comezo para o Encaixe neste primeiro encontro da fase de permanencia fronte o Bm Lalín cun resultado final 29-19. Gracias o traballo das xogadoras durante estes meses, as Camariñanas loitaron cada balón e lograron poñerse por diante no marcador no minuto 3 do encontro, arrincando distancia xa na metade da primeira parte.

A dirección da central Aida e a concentración do equipo, deixaron ver a un Encaixe con máis xogo fluído en ataque con obxetivo de obter goles que, nos arranques de liga tantos lles costaba. Pequenos erros defensivos permitían que o Lalín seguise anotando chegando ó descanso cun 15-11 a favor do Encaixe. Ainda así, foi na segunda parte cando as xogadoras locais afianzaban a victoria mellorando aspectos defensivos e aproveitando as saídas en contraataque. Mónica Barreiro “o traballo diario con este equipo demostrase en encontros como o do sábado fronte o Lalín, pero debemos seguir con esforzo e co pensamento de superación en cada un dos encontros. Quédanos moito camiño”.

BM FEMININO ENCAIXE CAMARIÑAS (29):
Sandra (gardameta); Laura (4); Juana (3); Karina (3), Caamaño(2)¸Aida (9), Alicia (2)-equipo inicial-, Yolanda (3); Ivana (1); Fátima (2); Sande, Verónica.
BM LALÍN (19): Quiroga e Carbón (gardametas); Montoto, Alonso (3), Alexandra, Cacheda (2), Sampayo (1); Silva (4);Grauja (4); Froiz (2), López (3),Varela.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar