|
|
| I Carreira Pedestre de Camariñas |
| Camariñas - Deportes en Camarinas | |||
Corren días dunha intensidade nunca antes vista na Concellería de Cultura e Deportes de Camariñas. Á batería de proxectos e iniciativas postos en marcha recentemente sumáselle agora, fruto da colaboración entre Juan Manuel Cabrejo Pasantes e José Manuel Rodríguez Tajes, a organización da I Carreira Pedestre Popular da historia de Vila das Palilleiras. Un certame diseñado seguindo as directrices dun dos máis expertos corredores da Costa da Morte que non dubidou en axudar a diseñar un itinerario de 10 kilómetros, esixente, con tramos de asfalto e outros de terra, pero que permitirá aos participantes contemplar algunhas das paraxes máis fermosas da terra, en especial as comprendidas entre o Monte da Pedrosa e o cruce de Reira, algo que segundo José Manuel dotará de alas aos pes dos corredores. Estímase que entre 250 e 300 persoas entre participantes e familiares poderían achegarse por Camariñas na mañán do domingo 4 de marzo, co que elo pode supoñer para a economía do noso concello. Agora só hai que esperar que o tempo acompañe para que poidamos desfrutar do máis grande certame atlético de toda a nosa historia. Xa o dixo camarinas.eu no seu día: era chegado o momento de recoñecer institucionalmente a José Manuel Rodríguez Tajes todo o seu esforzo, o seu exemplo, por todo o que este gran mediofondista camariñán ten realizado a prol do desenrolo e difusión do deporte. A Concellería dirixida por Juanillo recollío o guante lanzado por esta web e así a realización da proba virá precedida dunha pequena homenaxe ao home que fixo do atletismo un modo de vida.E si por un lado as iniciativas exitosas sucédense sen descanso por outro comenzan a chegar os recoñecementos a labor desenrolada por Juanillo: segundo acaba de coñecer camarinas.eu a Federación Galega de Ciclismo ven de conceder un premio especial ao Concello de Camariñas pola impecable organización da etapa da Volta a Galicia que saío da nosa vila así como pola novedosa iniciativa de facela coincidir co Día da Bicicleta, motivo polo cal o alcalde Pichurri e Juanillo están convocados a un acto a celebrar este sábado 11 de febreiro no Auditorio de Sanxenxo para recibir un galardón que premia unha forma de xestionar o deporte, premio que o noso concelleiro comparte con todas e cada unha das empresas patrocinadoras que no seu día fixeron posible que unha etapa da Volta a Galicia recalase na nosa terra: Conservas Boya, Siavi, Construcciones Martínez Rial, Construcciones José María y José Ángel, Construcciones Casal, Pescados Pedreira, Frigoríficos Canosa e Obras y Construcciones José Antonio Cerceda. Que siga la fiesta.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|




Comentarios
Noraboa juanillo polo traballo que esta desenvolvendo,u n exemplo a seguir!!
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.