Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 17 de Mayo de 2012 09:30   
A Xornada de Juanillo 13-05-2012
Camariñas - Deportes en Camarinas

O Concelleiro de Deportes fai un repaso a toda unha tempada competitiva

A piques de pechar toda unha tempada competitiva, toca facer repaso a un ano pródigo en acontecementos e ninguén mellor para elo que aquel que pasará aos anales como o mellor futbolista camariñán da historia. Juan Manuel Cabrejo Pasantes analiza un exercicio que deparou alegrías, tristezas e deambulares anodinos, e que presenta como feito máis salientable o ascenso á 1ª Rexional dun FC Camariñas no que parece que triunfa a sensatez proseguindo ao frente dos seus designios competitivos Pepucho. Nembargantes, aínda queda para Juanillo e para o seu Cerceda o máis importante, o que sería o broche de ouro a toda unha tempada: o playoff de ascenso a Segunda División B. A primeira etapa deste camiño en Aragón frente ao Cuarte Industrial. De todo elo se dará conta en Camarinas.eu da man do redactor xefe dos seus deportes: o que sempre será o Mago de Corea.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 14 de Mayo de 2012 20:30   
Exito rotundo da 1ª Ruta da Caramiña
Camariñas - Deportes en Camarinas
O gañador da ruta de 60 km ao entrar na metaDentro da catarata de iniciativas saídas nos derradeiras tempos da concellería de deportes do Concello de Camariñas este domingo tivo lugar con notorio éxito de público e organización a 1ª Ruta da BTT da Caramiña. Cun percorrido longo de 60 km e outro corto de 40 km, máis de 200 corredores inundaron os diferentes camiños rurais e de montaña do noso concello.  Colaborando na organización do evento e vixiando estrictamente o cumprimento da regulación da proba estiveron os Baikers do Vilán, que por elo víronse privados na súa maior parte de participar nunha pruba celebrada polos camiños da súa terra. En canto á proba longa, o vencedor resultou ser Jorge Pérez Fernández, de Brión cun tempo de 2 horas e 55 minutos, sendo o primeiro representante do noso concello Francisco Canosa Lires, no posto 24. Polo que respecta á porba corta e tras invertir 2 horas e 19 minutos no percorrido saeu gañador Eduardo Vidal Caamaño. Así pois un novo domingo deportivo en Camariñas resultou un éxito rotundo de público e organización da man da colaboración fecunda entre a Asociación dos Baikers do Vilán e a concellería tan brilantemente dirixida por Juanillo.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 11 de Mayo de 2012 19:00   
Pancarta da Ruta BTT da Caramiña
Camariñas - Deportes en Camarinas
Ramón e Juan listos para entrar en acción deportiva este domingoUnha avalancha de máis de 200 ciclistas procedentes de 30 concellos diseminados a todo o longo e ancho de Galicia desembarcaran a lomos das súas mountain bikes este domingo 13 de maio en Camariñas. Aos seus pes atoparan un conxunto de pistas forestais, camiños de montaña de difícil parangón, practicamente inigualables porque a ruta diseñado polos membros dos Baikers do Vilán man a man con Juanillo en representación do concello percorre algún dos tramos máis fermosos desta Costa da Morte dos nosos pecados. Asemesmo, debido á importancia da proba establecéronse unhas normas de obrigado cumprimento para todos os participantes entre as que destacan a prohibición de  tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento, o uso obrigatorio do casco, así como o acatamento das ordes e directrices da organización, non podendo sobrepasar os participantes en ningún momento s vehículo que abre a ruta, o cal será obxecto de descalificación inmediata. E así a partires das 9:30 o espectáculo estará servido na 1ª edición dunha proba de carácter non competitivo, de dificultade técnica e física media-alta, resultado da colaboración fructífera entre os Baikers do Vilán e  a concellería dun Juanillo que parece non ter freno. Vaia aquí en exclusiva a pancarta que dará o pistoletazo de saída para un día histórico en Camariñas.

Pancarta oficial da 1ª Ruta BTT da Caramiña

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 09 de Mayo de 2012 19:45   
A Xornada de Juanillo 05-05-2012
Camariñas - Deportes en Camarinas
O FC Camariñas de Pepucho segue a contar os partidos por victoriasA pesares de acadar o ascenso cunhas cantas xornadas de antelación, o Camariñas de Pepucho, como si do flamante Campeón de Liga se tratase, segue a contar os seus partidos por victorias. Nembargantes nada parece suficiente polo que se rumorea para unha directiva empeñada en buscar un sustituto ao home que devolvío ao equipo da súa alma a 1ª Rexional. Pois nada, se a experiencia deste ano non resultou bastante, se se prefiere malgastar un feixe de cartos por ahí fora contratando a un pernas calquera atraído polo olor dos sabrosos billetes, alguén que cando veñan mal dadas (económicamente) non lle chegará Camariñas para fuxir espantado, pois adiante. A este paso o día menos pensado acaban contratando a Mourinho ou a Guardiola, que ademáis está actualmente no paro. Vaia dende Camarinas.eu o noso apoio máis total e absoluto a Pepucho, adestrador experto, persoa seria e sensata, camariñán ata os tuétanos, o home que se fixo cargo do club cando outros, contratados ao olor dos apetitosos billetes, deron a espantada.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 08 de Mayo de 2012 20:00   
Un xaviñán no Mundial de Motociclismo
Camariñas - Deportes en Camarinas
Félix García Insua co gañador da carreira de Moto2: Pol EspargaróO pasado domingo 29 de abril de 2012 o circo do Campeonato Mundial de Motociclismo facía unha parada no Gran Premio de Jérez e ao mesmo asistía como invitado especial un veciño procedente do Concello de Camariñas, en concreto da Parroquia de Xaviña. Estamos a falar do noso querido amigo Félix García Insua, o xoven empresario hosteleiro que dende maio de 2011 dirixe un dos locais máis exitosos de Santiago de Compostela: La Quintana. Precisamente, estar ao frente dun dos locais máis emblemáticos da hostelería compostelana, situado nun entorno de verdadeiro luxo, ao carón da mesmísma Catedral, foi a causa desencadeante de que a firma Philip Morris subministrara a Félix unha invitación especial para asistir ao maior espéctaculo motoclista da Terra: o Gran Premio puntuable para o Campeonato do Mundo que tiña lugar en Jérez.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 86