|
|
| Mellores comentaristas de Xuño |
| Camariñas - Curiosidades en Camariñas | |||
En datas recentes dentro do seu compromiso perenne por dar o mellor servizo posible a todos os seus lectores e usuarios Camarinas.eu ven de instalar un novo e innovador módulo de comentarios, ideal para unha web de presentación cuidada e contidos serios e rigurosos como cremos que é a nosa, un medio no cal nunca terán cabida os rumores, os disques, as infamias, nin o terrorismo informativo como forma de beneficio persoal, e que trata de extender a seriedade das súas noticias aos comentarios das mesmas, non admitindo insultos nen alusións de mal gusto a terceiros, intervencións soeces e infamantes, nen autocomentarios, obviamente. Un estricto control de calidade imposto polo libro de estilo de Camarinas.eu, xa que sempre é moi tentador deixar que a túa páxina se convirta nunha plaiada (con perdón). Nunca foi este o noso caso e por elo durante os derradeiros cinco anos fomos de forma consecutiva o medio de comunicación máis leído da Costa da Morte.A instalación do novo sistema de comentarios coincidía máis ou menos co arranque de xuño e agora que completamos o primeiro mes de nova andaina toca pasar revista. E así, os datos que arroxa o concurso dos mellores comentaristas de xuño constatan que o usuario que máis comentarios fixo ten a súa residencia en Suiza, dende a cal realiza un completo seguemento ás novas da súa terra: o noso querido Kinos (Recismindo Carril) que está actualmente no país helvético traballando ca súa esposa e o seu fillo. Por outro lado, a comentarista máis valorada polos usuarios nos seus comentarios foi unha clásica destas páxinas, unha muller que en tempos contribuío tan decisiva e desinteresadamente ao desenrolo da web que representa os intereses apolíticos, independentes, dos veciños do concello: Lucía Carril Ageitos (Lucia_18). O caso é que estamos aquí en Camarinas.eu dándolle voltas a como agasallar dunha maneira humilde pero sinceira o compromiso dos nosos usuarios ca web da súa terra, e así, en principio tódolos meses podería haber un concurso que premiaría a fidelidade dos usuarios, ampliando a participación dos mesmos, mediante unha foto antiga de Camariñas, un diploma, que sabemos nos... Xa se lle ocurrirá algo a esta redacción. Artigos relacionados que che poden iinteresar:
319 días antes Mellores comentaristas de Xuño
En datas recentes dentro do seu compromiso perenne por dar o mellor servizo posible a todos os seu 1354 días antes Lucia Carril Ageitos, 22 anos
Hoxe cumple 22 anos Lucía
Lucía, unha das persoas clave na historia de camarinas.eu, nu 1720 días antes Fotos Historicas: Lucia Carril Ageitos 21 anos
Hoxe cumpre anos a nosa redactora Lucía
Lucía Carril Ageitos, redactora de camarinas.eu
|



Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.