|
|
| Novo blog do Colexio O Areal |
| Camariñas - Curiosidades en Camariñas | |||
A forza de internet é imparable como ferramenta de traballo e de unión entre os veciños, aínda que a veces se utilice lamentablemente para todo o contrario. Hai xa uns cantos meses que vimos asistindo a varias iniciativas de sociedades camariñanas que presentaban os seus propios blogs onde divulgar todas as súas actividades e agora tócalle o turno ao recentemente premiado Colexio O Areal de Camariñas que estrea unha nova singladura no ciberespacio coa inauguración da súa propia bitácora. Así, os pais e familiares dos nenos integrados nesta escola camariñana poderemos enterarnos máis ao detalle de todo o que acontece ao redor do máis importante: a educación dos nosos nenos. Unha boa iniciativa (outra máis) dun colexio que acaba de ser premiado a nivel galego pola súa iniciativa "O Mar na Escola". Camarinas.eu apoiará esta boísima estratexia educativa que levará a cabo o noso colexio publicando de vez en cando algunha destas novas que se redacten dende o centro escolar camariñán tal e como xa levamos facendo dende hai tempo co blog do IES PEdra da Águia de Ponte do Porto. Para Camarinas.eu a educación (a veces tan escasa) é o máis importante. Esta é a carta que recibimos onde se nos presenta o proxecto do blog do colexio:Prezada Comunidade Educativa: Coa chegada do tempo de Nadal o C.E.I.P. O Areal acaba de poñer en funcionamento unha nova ferramenta educativa que de seguro nos axudará a aumentar e mellorar a calidade da ensinanza no noso centro. Trátase dun blog escolar onde entre outras cousas se publicarán entradas con traballos dos nosos nenos/as, fotografías, videos, enlaces,... De tal xeito que non só os alumnos serán protagonistas da súa aprendizaxe senón que tamén implicarán ás familias e á comunidade educativa en xeral.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|


Comentarios
que ben un blogggggggggggg g
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.