Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 03 de Junio de 2011 08:40   
Café Bar Arnela na Televisión
Camariñas - Curiosidades en Camariñas
O Café Bar Arnela no prime-time televisivoEste pasado mércores 1 de xuño de 2011 finalmente se emitía o programa da canle V Televisión "De Bares" adicado, entre outros establecementos hosteleiros da xeografía galega, ao Café Bar Arnela. O local paradigmático do Distrito de Corea, corazón e alma de camarinas.eu, auténtico fogar dos seus redactores, único enclave realmente extrañado na lonxanía da diáspora por algún dos mesmos, un local distinto. Tense dado o caso de que durante o periplo camariñán dalgún dos anteriormente citados redactores durante longos periodos de ata oito meses este non pisara ningún outro bar (¿para que, si era como estar en casa?) ata que motivos futbolísticos forzaron o seu exilio. Un local así merecía xa non un programa senón incluso unha serie propia de televisión, que de seguro tería unha multitudinaria audiencia vendo algunhas das entrañables persoalidades que día a día forman a parroquia, familia máis ben, do Café Bar Arnela. O noso auténtico fogar.

De Bares no Café Bar Arnela



Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar