|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Jueves, 10 de Mayo de 2012 20:00 |
|
| Tribunal Revolucionario no Río do Prado
|
|
Camariñas -
Curiosidades en Camariñas
|
Neste incerto día do 10 de maio de 2012, nunha das decisións máis acertadas dos últimos tempos, fíxose público que o Concello de Camariñas acababa de trasladar as instalacións do Xulgado de Paz ata o Edificio de Iniciativas Empresariais, xusto ao carón do prestioxoso bufete do Maxistrado do Río do Prado, para desta forma facer posible a administración por un dos máis preclaros cráneos xurídicos de xusticia, auténtica xusticia revolucionaria, agora que acaba de renacer como firme xuiz de tendencias avanzadas, progresistas, socialistas incluso, chegando no caso de ser necesario ao bolchevismo máis extremo. Todo elo ante o desencanto, os lamentos e o llanto desenfrenado do hooliganismo patrio, ese mesmo que durante todos estes anos se deixou embaucar polos cantos de serea dun encantador de serpientes de intelixencia, talento e facilidade de palabra máis que limitados. ¿Que enxeñeiro de almas pastoreará de agora en diante o rebaño da extrema dereita camariñana?
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Sábado, 28 de Abril de 2012 19:00 |
|
| O ano que Rusia conquistou a Mostra
|
|
Camariñas -
Curiosidades en Camariñas
|
Foi nunha pasaxe de "Infancia", libro primeiro das súas memorias, onde Maksim Gorki ("O Amargo", sobrenome literario de Aleksei Maksímovich Peshkov), ao pasar revista aos primeiros anos da súa existencia lembraba con agarimo e devoción como a súa avoa materna tecía encaixe ao carón dunha ventana. Elo ocurría na lonxana Nizhni Nóvgorod, populosa cidade situada ás ribeiras do Río Volga, famosa en tempos pola súa Feira anual, auténtica porta de entrada comercial aos productos asiáticos, e que durante a época soviética cambiaría o seu nome polo de Gorki en honor a un dos máis grandes escritores de tódolos tempos. Nunca deixou de abraiarme semellante nexo de unión, o do encaixe, entre dúas realidades tan distintas, tan distantes, como a dunha remota vila mariñeira da costa occidental europea e a dunha gran cidade mercantil, situada cáseque ás portas mesmas de Asia, bañada polo río máis grande e caudaloso de Europa, reproducción da máis auténtica vida rusa de provincias ca súa sucesión de comerciantes, borracheras, igrexas ortodoxas e impresionante mezcolanza racial (rusos, tártaros, chuvashes, mordvinos, alemáns do Volga, mariis, udmurtos, bashkires, xudíos, etc...), ubicadas ambas prácticamente nos dous polos opostos do continente europeo, separadas por ducias de miles de kilómetros.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Sábado, 28 de Abril de 2012 09:00 |
|
| Exposición da fotógrafa Ana García
|
|
Camariñas -
Curiosidades en Camariñas
|
Imos apurando aquí en Camarinas.eu o remanente gráfico da máis completa cobertura endexamáis realizada dunha Mostra do Encaixe e pasamos a publicar unha noticia sobre o altruismo, acerca dunha colaboración desinteresada. O que nestas oscuras épocas de políticos de dereitas que okupan ilegalmente clubs náuticos impedindo o acceso ás súas instalacións a máis de 200 socios, tan só por egoísmo persoal, para que poidan preparar pratos da máis indixesta bazofia como cociñeiros de ocasión, na que pufistas (puferos, que din nas Rías Baixas) da peor especie deixan sen pagar o seu merecido xornal a centos de traballadores para despois dar públicamente leccións de economía avanzada, non deixa certamente de ter o seu mérito.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Viernes, 06 de Abril de 2012 19:00 |
|
| Camariñas irmánase con Novedratte
|
|
Camariñas -
Curiosidades en Camariñas
|
O Concello de Camariñas asinou esta mañá o irmanamento co seu homólogo italiano de Novedratte, nun acto celebrado no recinto feiral da XXII Mostra do Encaixe. Na sinatura estivo presente o alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso, a concelleira delegada da Mostra, Sandra Insua, o vice alcalde de Novedratte, Serafino Grassi e o tenente de alcalde de Peniche (Portugal), Jorge Amador, todos eles acompañados de numerosos visitantes. Con esta sinatura oficializouse un acordo de fraternidade que xa se apalabrara na anterior edición da Mostra e que se aprobara en pleno o recente 30 de marzo. A presenza de Peniche neste compromiso reforza a validez do irmanamento, xa que foi en xullo de 2011 cando o concello portugués asinou un acordo similar con Camariñas.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Martes, 27 de Marzo de 2012 11:16 |
|
| Reapertura do Disco Pub Atlántico
|
|
Camariñas -
Curiosidades en Camariñas
|

Apertura este venres 30 de marzo a partires das 8 da tarde
Coa chegada da primavera parece que se volven a instaurar os ánimos empresariais na Vila das Palilleiras e comezan a florecer timidamente algúns negocios de nova apertura así como outros establecementos que retornan polos seus vellos fueros. É este o caso ao que adicamos esta noticia na que procedemos a publicar o anuncio da próxima reapertura da DISCO-PUB Atlántico que este venres 30 de marzo volverá a abrir as súas portas a partir das oito da noite e na que se volverá a vivir un dos mellores ambientes nocturnos de Camariñas. Unha ambiente que esperemos recobre as súas antigas forzas e que volva a recuperar ese ritmo frenético que estivo un pouco de capa caida estes últimos anos. En fin, os máis festeiros terán unha cita ineludible este venres 30 de marzo na nova reapertura da Disco Pub Atlántico no que se agasallará ademáis a tódolos seus clientes con unha segunda consumición totalmente de balde.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|