|
|
| Percebeiros: unha reportaxe de camarinas.eu |
| Reportaxes de Camarinas | |||
Percebeiros de Camariñas
A web líder da Costa da Morte acompañou aos nosos percebeiros nun día do seu duro traballo
camarinas.eu inicia unha serie de reportaxes adicada a cada un dos grupos profesionais que viven directamente do mar en Camariñas e que convertiron a nosa vila nunha das maiores potencias pesqueiras de Galicia. E como inicio desta xeira, unha reportaxe sobre o máis peculiar destes grupos: o dos percebeiros, a través dunha reportaxe que só podía facer a web líder da Costa da Morte, aderezada cunha impresionante reportaxe gráfica e un vídeo documental, tendo as sabias palabras dun percebeiro histórico de Camariñas, Manuel Pasantes García, como despedida.Percebeiros de Camariñas
O Percebeiro camariñán: o traballo dos últimos románticos
Tendo como epicentro loxístico o Cafe Bar Arnela, camarinas.eu tarde ou temprano tiña que adicarlle unha reportaxe aos Percebeiros camariñáns. Bar ideado pola mente calenturenta dun ex-percebeiro como lugar de reunión dos mesmos (e onde puideran controlarse mutuamente), aínda a día de hoxe pode oírse alí entre envidos, trucos e xuramentos as voces dalgúns dos principais nomes entre os percebeiros da mítica e antiga Vila de Camariñas.
Precisamente da man do citado ex-percebeiro, na soleada e espléndida mañán do venres 4 de abril, a unidade móbil marítima de camarinas.eu cos seus ruxentes 200 cabalos desbocados poñíase en marcha dende os pantaláns do muelle de Camariñas cara un mundo novo, secreto e intrincado para esta redacción: o mundo do percebeiro camariñán. Un mundo onde conviven a desconfianza ca amistade, a trampa ca lealtade, a ambición co compañerismo, compoñendo un grupo humano único rexido polas súas propias leis e costumes e que recorda, salvando as distancias, ao dos poetas e pintores bohemios no París dos anos 30.
Un clásico: O Roco
Toda a vida a xurisdicción destes homes, a da Cofradía de Camariñas, chegou ata a Punta do Boi, se ben foi recortada ata a pedra da Jallada nunha decisión administrativa tomada durante un dos mandatos na Xunta de Galicia do Presidente Manuel Fraga, e que algúns achacan as continuadas visitas do mesmo a Santa Mariña e Camelle. Dentro dese espacio acotado entre a Virxe do Monte e A Jallada encóntranse as pedras que dan de comer a preto de 40 familias en Camariñas. Algunhas pedras que tiñan resonancias lexendarias no pasado (A Betanzeira, entre Stolt e a Virxe do Monte; Estrunfo, cara nordeste do Vilán), agora pouco teñen que ofrecer e ben sexa por lei de vida ou pola acción do home agora están practicamente baleiras, mentras outras como Espirillo (Sur do Villano), Rampleta (Vilán), os baixiños da Punta da Pedrosa, a Jallada (Reira) ou os Cornos (frente a Stolt Sea Farm) seguen dando algúns dos mellores percebes da Costa da Morte.
Unha das primeiras cuestións que sorprenden ao ignorante redactor é que practicamente case tódolos percebeiros cos que fala desfrutan co seu traballo. Gústalle, e eso nótase. Sen embargo ningún o quere para os seus descendentes. A xornada diaria de traballo dun percebeiro consta dunhas catro horas no mar (as dúas anteriores e posteriores á Baixamar) ás que se lle poden sumar outras dúas en casa separando e escollendo os percebes: a hora do triunfo. Así cinco días a semana, unha sóa vez por día e todo o ano, sempre e cando o mar o permita, claro. O ideal para moitos deles sería completar o permiso do percebe co de marisqueo a flote (ameixa, berberecho, macho) para non estar parados os días de mal tempo. Outra cousa que sorprende ó chegar ata as pedras nas que un puñado de homes se está a gañar a vida, é a perfecta armonía e tolerancia entre aqueles que teñen o permiso e os poucos que non, algúns destes últimos pertencentes a familias históricas dentro do mundo do percebe camariñán e que no seu momento non puideron ou non quixeron facerse co citado permiso. Dita tolerancia tamén ven de que no momento en que algún percebeiro se vexa nun apuro e haia que botar unha man, ninguén fará distincións e axudará en todo o humanamente posible. En este aspecto, debe reseñarse que máis de 20 anos leva a Vila dos Encaixes sen pagar o seu tráxico tributo ao mar, cando nos últimos anos da década dos 80 apareceu flotando no Muelliño, Vilán de Fóra, o corpo sen vida do experimentado percebeiro Vicente Bouzas Pasantes, víctima posiblemente dun mareo ou dun golpe de mar.
Co Faro Vilán como telón de fondo, a paraxe na que se denvolve a vida dos percebeiros é privilexiada
O equipo actual dun percebeiro está composto polo imprescindible traxe de neopreno, as aletas por si hai que cruzar dunha pedra a outra, o saquiño para emborcar os percebes, unha lancha se pode ser cun portátil potente, non vaia ser que algún teña que saír disparado como unha flecha, e a raspa, preferíndose agora as cortas frente aos trueles e raspas largas que se utilizaban antigamente. Cada un dos enrolados na correspondente lancha só pode coller un máximo de 6 kilogramos diarios, sendo obxecto dos correspondentes controis por parte das autoridades da Xunta. Se ben as leis, como todo en esta vida, son flexibles... Pero o que en verdade impresiona é ver aos percebeiros en acción: o redactor asiste a un ballet perfectamente acompasado onde os potentes tombos marcan un implacable compás, arriba e abaixo, unha coreografía da vida e da morte, o "Cascanueces" e "O Lago dos Cisnes" interpretado por homes rudos e intrépidos. Lástima que Piotr Chaikovski, o xenial compositor, no seu momento non se dera un bordeo por Camariñas.
Unha vez de volta nos pantaláns do muelle e mentras se fai reconto do espectáculo inigualable presenciado, ao ver a silueta inerte, moribunda, espectral do fermoso e impoñente Lago Dos, surxe na mente do redactor a idea de adicar unha reportaxe a cada unha das artes mariñeiras de Camariñas, quedando pendiente de facer a correspondente ao cerco no que sexa o primer viaxe cas licencias recuperadas do Lago Dos e o Manuel de Lin. Eso, si os seus patróns consinten a semellantes grumetes nas súas embarcacións, obviamente.
O mundo dos percebeiros a traves do relato dun gran coñecedor do mesmo
O home contra o mar
- ... ven apañar máis pa baixo hijo de puta ... El nin caso e sejía ala donde o sol queima as pedras, e todo que hai en elas, despos esta misma nai miraba pa ó outro fillo, o osado, e víao alá en baixo donde o mar rompía con toda súa furia, donde os percebes están superbalorados, e ela dirixíndose a el gritaba: - ... ven apañar máis pa riba hijo de puta ... Mismos fillos consellos distintos.
A verdad e que pa unha nai a decisión sempre e difícil, quer a seguridad de seu fillo, pero tamén quer que jane un peso, e como se di por aquí "todo non cabe no mismo saco".
Artigos relacionados que che poden iinteresar:
251 días antes Video dos Percebeiros Santamariñáns
Dentro da memoria audiovisual do Concello de Camariñas se hai documento de valor excepcional, filma 1871 días antes Percebeiros: unha reportaxe de camarinas.eu
Percebeiros de Camariñas
A web líder da Costa da Morte acompañou aos nosos percebeiros nun
|





Comentarios
SOBRE O QUE COMENTASTES DESA NAI PERSEBEIRA E OS SEUS DOUS FILLOS É AUTÉNTICO.SOMOS IRMÁNS E SOMOS COMPLETAMENTE DISTINTOS,MANDA CARALLO.
MANDOLLE UN SAUDO A TODOLOS PERCEBEIROS DE CAMARIÑAS!!!
Facedes uns reportaxes absolutamente maxistrais pois teñen todos o que ten que ter o bo xornalismo; lectura agradable e amena (apaisonante), rigor informativo, sentido do humor, anécdotas...e todo isto cunha redacción exemplar, con gran maestría...
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.