Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 02 de Mayo de 2011 12:07   
Cara Oculta da Pedrosa
Reportaxes de Camarinas
Vista privilexiada do Faro Vilán dende a cara sur da PedrosaExiste unha cara norte do Monte da Pedrosa, esa mesma que fai fronte ao vento nordés, que priva dunha hora de sol á praia á que da nome e en cuias orixes ata non hai moito se podía contemplar cotidianamente nos meses de agosto e setembro aos recolectores de caramiñas apañando o fruto nacional camariñán. Falamos da cara visible da fronteira límite, kilómetro cero, dos areais salvaxes de Reira, o lugar que marca o inicio (ou o final, según corresponda) do conxunto de praias posiblemente máis fermoso da Costa da Morte. Pero hai outra cara da Pedrosa, máis segreda, máis inaccesible, máis recóndita, ruta seguida dende tempos remotos cáseque en solitario polas caravanas de percebeiros que, monte arriba, suben cargados co precioso manxar que acadará prezos astronómicos en mercados remotos. Falamos da cara sur, a cara oculta, da Pedrosa.

Unha vez acometida a visita iniciática á Furna de Herba, aproveitando a apertura de pequenos camiños alfombrados de toxo polas brigadas de loita forestal da Xunta de Galicia, camarinas.eu decidío en xornada consecutiva á anteriormente mencionada executar unha exploración xornalística para abrirse paso ata as profundidades remotas do Monte da Pedrosa. Úsase para elo vías coñecidas únicamente por pescadores de cana, percebeiros osados e temerarios turistas de ocasión. E así o primeiro que sorprende ao camiñante solitario e ao seu fiel e intrépido acompañante é que tras uns duroa primeiros pasos a través da maleza máis extrema, cara a metade do camiño un pequeno regueiro de terra, perfectamente definido polo que parece dende tempo atávico, abre un paso máis ou menos doado cara ás pedras que marcan a final da viaxe de pracer para uns e o inicio da zona de traballo para outros: os percebeiros da Vila das Palilleiras.

No cume desolado da Pedrosa, inmune ás sacudidas inclementes do vento nordés reina unha estrana e agreste flor picuda que recorda por momentos aquel estrano, inatopable especimen que salvaba vidas e polo cal se viron urxidos a escalar ás máis lonxanas cimas nevadas Astérix e Obélix na súa viaxe á pacifica e saciada Helvetia. E aprovéitase para tomar unhas imaxes non demasiado vistas ata o de agora, perspectivas novas do máis fermoso dos faros ou tomas paisaxísticas dende as alturas que dominan catro puntos cardinais. Poderían o camiñante solitario e o seu fiel, intrépido, a veces impertinente e ladrador tamén, acompañante aventurarse cara a punta da Pedrosa, pero eso prefieren deixalo para temerarios (e ignorantes) turistas de ocasión.

IMG_2602
IMG_2604
IMG_2608
IMG_2610
IMG_2611
IMG_2614
IMG_2616
IMG_2618
IMG_2620
IMG_2622
IMG_2623
IMG_2624
IMG_2625
IMG_2628
IMG_2630
IMG_2633
IMG_2634
IMG_2637
IMG_2639
IMG_2640
IMG_2641
IMG_2642
IMG_2643
IMG_2644
IMG_2645
IMG_2646
IMG_2647
IMG_2648
IMG_2652
IMG_2653
IMG_2654
IMG_2655
IMG_2657
IMG_2660
IMG_2664
IMG_2665
IMG_2666
IMG_2668
IMG_2670
IMG_2671
IMG_2672
IMG_2673
IMG_2675
IMG_2678
IMG_2679
IMG_2682
IMG_2683
IMG_2685
IMG_2687
IMG_2688
IMG_2689
IMG_2690
IMG_2691
IMG_2693
IMG_2694
IMG_2695
IMG_2697
IMG_2698
IMG_2699
IMG_2707

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

75 días antes
Carreira Pedestre: Categoría Absoluta
Nunca se vío tal nunha competición deportiva en Camariñas: campeóns nacionais participando en

77 días antes
Carreira Pedestre: Categoría Infantil
Imos por partes, e cun pintoresco toque vintage dos lembrados 80 no tratamento fotográfico das imax

80 días antes
7ª Carreira Pedestre Popular
Na mañán deste domingo 3 de marzo de 2013, un ano despois, Camariñas voltará a convertirse na gr

104 días antes
Surxe unha Piscina Natural en Reira
Poucas veces se lembrará unhas trombas de auga tan continuadas como as que ao longo deste outono-

125 días antes
Fotos Históricas: Voluntarios do Prestige
Os que estivemos alí, lembramos a Catástrofe do Prestige como un fronte de guerra. Camións do e
Por favor, registrate para calificar.