Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 13 de Abril de 2011 07:47   
Visita á Furna de Herba
Reportaxes de Camarinas
O Faro Vilán amosa  asúa silueta tras as pedras da furnaAo longo de todos estes anos, toda unha vida, estivo alí: agazapada nun recodo do camiño, oculta ás miradas furtivas dos viandantes que unha e outra vez pasaban polas súas alturas, constituindo o derradeiro paso dunha vía de auga na que antes se atopaban o así denominado Geymes ou a Fontetanboa, pero non foi ata unha tarde nas idus de abril dun ano na segunda década do s. XXI, aproveitando a apertura dunha serie de senderos ata o mar polas brigadas de loita contra incendios da Xunta de Galicia, cando un xoven reporteiro e o seu intrépido e fiel acompañante, tal vez rememorando as andanzas plasmadas no mundo do cómic oitenta anos antes por un católico e conservador escritor belga, decidiron acometer por vez primeira nas súas vidas unha viaxe ata a remota e olvidada Furna de Herba, a así tamén bautizada pola sabiduría popular dun pobo antigo como "Furnaderba".

E así iníciase por unha sendeiro alfombrado cos restos moribundos das grandes masas de toxos que reinaban sobre o lugar a baixada cara unha furna onde con anterioridade tan só eran visibles, moi de tarde en tarde, as siluetas diminutas de algún que outro pescador de cana. No último tramo os toxos deixan paso a unha herba mullida e frondosa á que da vida un impetuoso regato que morre nunha pequena cascada e  que dende arriba, ao outro lado do camiño de terra que leva cara a Reira, trae orixe de Fontetanboa, tendo unha obrigada e momentánea parada no "Depósito de Juan", o así chamado "Geymes". Unha vez a pe de furna os bolos inundan o lugar e un non pode evitar recordar a pedregosa praia escandinava na que Max Von Sydow e a Morte xogaban ao xadrez a partida definitiva ("El Séptimo Sello", Ingmar Bergman, 1957) ou aquelas agrestes e limosas  nas que cabaleiros artúricos solventaban as súas loitas de poder ao compás marcado polo Mago Merlin na Britannia da orixe dos tempos ("Excalibur", John Boorman, 1981). Asemesmo, unha sensación de soidade absoluta e medo sobrecollen a alma e non se pode evitar temer que nalgún momento todos eses montes vaian a desplomarse sobre un xoven reporteiro e o seu intrépido e fiel acompañante, dignos émulos (tal vez sen pantalóns bombachos, tal vez sen o pedigree dun fox terrier,  tal vez non no Congo nin en Sildavya nin nunha illa negra nin na Lúa) nas idus de abril dun ano na segunda década do s. XXI daquelas aventuras plasmadas no mundo do cómic oitenta anos antes por un católico, conservador e xenial escritor belga.

IMG_2461
IMG_2463
IMG_2464
IMG_2465
IMG_2474
IMG_2475
IMG_2478
IMG_2479
IMG_2480
IMG_2481
IMG_2483
IMG_2485
IMG_2486
IMG_2487
IMG_2491
IMG_2492
IMG_2493
IMG_2495
IMG_2496
IMG_2497
IMG_2499
IMG_2501
IMG_2504
IMG_2505
IMG_2507
IMG_2517
IMG_2518
IMG_2519
IMG_2524
IMG_2527
IMG_2530
IMG_2532
IMG_2533
IMG_2534
IMG_2535
IMG_2536
IMG_2537
IMG_2540
IMG_2541
IMG_2544
IMG_2546
IMG_2547
IMG_2548
IMG_2549
IMG_2551
IMG_2552
IMG_2553
IMG_2554
IMG_2556
IMG_2559
IMG_2560
IMG_2562

Comentarios   

 
0 #1 RE: Visita á Furna de HerbaBeldoña 13-04-2011 10:27
Certamente temos, por todo ó longo da nosa costa, lugares fermosísimos esquecidos e ocultos, dos que nunca tiñamos reparado. Mira que eu teño recorrido recunchos insólitos nos meus tempos de mozo, pero hei de confesar que nunca baixei á Furna da Herba.
É este, un reportaxe narrado de forma maxistral. Un mais, de tantos e tantos, á que tan mal nos ten acostumados o noso canciño explorador Bender.
Noraboa, compañeiro.
Antonio Puertas
Citar
 

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

73 días antes
Carreira Pedestre: Categoría Absoluta
Nunca se vío tal nunha competición deportiva en Camariñas: campeóns nacionais participando en

75 días antes
Carreira Pedestre: Categoría Infantil
Imos por partes, e cun pintoresco toque vintage dos lembrados 80 no tratamento fotográfico das imax

78 días antes
7ª Carreira Pedestre Popular
Na mañán deste domingo 3 de marzo de 2013, un ano despois, Camariñas voltará a convertirse na gr

102 días antes
Surxe unha Piscina Natural en Reira
Poucas veces se lembrará unhas trombas de auga tan continuadas como as que ao longo deste outono-

123 días antes
Fotos Históricas: Voluntarios do Prestige
Os que estivemos alí, lembramos a Catástrofe do Prestige como un fronte de guerra. Camións do e
Por favor, registrate para calificar.