|
|
| Os Camiños da Auga |
| Reportaxes de Camarinas | |||
|
Chega o inverno a Camariñas e un manto eterno de auga xélida cubre os camiños, os campos e as almas e entón un non pode evitar lembrar as palabras do mestre de Iria Flavia, aquelas de "chove mansamente e sen parar, chove sen gañas pero cunha infinita paciencia, como toda a vida, chove sobre a terra que é da mesma cor que o ceo, entre blando verde e blando gris cinzento". Porque chove, en efecto, pasado o Día do Pilar a auga empeza a caer sobre a terra e o mar, sobre os pinos, os eucaliptos, os carballos e as figueiras, especialmente sobre estas últimas, chove sobre seres humanos que se aventuran polos camiños xélidos da mañán así como sobre un pobre canciño impertinente e ladrador, tan alleo aos pecados deste mundo, chove sobre os enlamados camiños do Cotariño tanto como sobre os que pasan a rentes do mar, pedregosos e tan destartalados nos Areais de Reira, chove infinitamente sobre todo un Concello que ca chegada do inverno, un inverno máis, queda anegado nun diluvio de frío e auga e entón, claro, un non pode evitar lembrar as sabias e fermosas palabras do mestre laureado pola Academia Sueca alá un lonxano día do ano do Noso Señor de 1989."Llueve mansamente y sin parar, llueve sin ganas pero con una infinita paciencia, como toda la vida, llueve sobre la tierra que es del mismo color que el cielo, entre blando verde y blando gris ceniciento, y la raya del monte lleva ya mucho tiempo borrada. (Mazurca para Dos Muertos, Camilo José Cela).
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|


