Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 12 de Junio de 2010 12:31   
Fotos Historicas: Festas Parroquiais
Fotos historicas de Camarinas

As procesións de imaxes veneradas ao longo de xeracións encherán un ano máis os camiños da Costa da Morte

As procesións de imaxes veneradas ao longo de xeracións encherán un ano máis os camiños da Costa da Morte

Entrañables festas de parroquias pequenas

Cando son chegadas as datas do verán, unha multiplicidade inxente de pequenos núcleos de poboación ao longo de toda Galicia, parroquias pequenas, aldeíñas, ponse en ebullición  para rendir os honores debidos ao santo patrón do lugar. Imaxes veneradas, queridas, dende a orixe dos tempos son sacdas en santa procesión por unha multitude fiel e devota a través de rúas, camiños ou corredoiras dunha terra moi antiga. Festas como as de Santa Ana, San Antonio ou o Sacramento de Xaviña, o Santiago Apóstol de Cereixo, as de San Cristobo en Carnés, o Espíritu Santo de Camelle, as de Santa Mariña... Festas entrañables que aledan o corpo e alma das boas xentes traballadoras da man de suculentas comidas familiares e dos sons festeiros das gaitas galegas. Festas de reencontro de familias, de emigrantes que volven ao fogar. Camarinas.eu, ante o San Antonio de Xaviña que este domingo 13 de xuño marca o inicio do calendario festivo parroquial camariñán, rinde a debida homenaxe ás festas parroquiais do noso entorno rescatando do fondo insondable e infinito do seu arquivo fotográfico unhas cantas imaxes históricas.

 

Por favor, registrate para calificar.
 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar