|
Deportes en Camarinas
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Jueves, 17 de Mayo de 2012 09:30 |
|

A piques de pechar toda unha tempada competitiva, toca facer repaso a un ano pródigo en acontecementos e ninguén mellor para elo que aquel que pasará aos anales como o mellor futbolista camariñán da historia. Juan Manuel Cabrejo Pasantes analiza un exercicio que deparou alegrías, tristezas e deambulares anodinos, e que presenta como feito máis salientable o ascenso á 1ª Rexional dun FC Camariñas no que parece que triunfa a sensatez proseguindo ao frente dos seus designios competitivos Pepucho. Nembargantes, aínda queda para Juanillo e para o seu Cerceda o máis importante, o que sería o broche de ouro a toda unha tempada: o playoff de ascenso a Segunda División B. A primeira etapa deste camiño en Aragón frente ao Cuarte Industrial. De todo elo se dará conta en Camarinas.eu da man do redactor xefe dos seus deportes: o que sempre será o Mago de Corea.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Sucesos en Camarinas
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Martes, 15 de Mayo de 2012 19:30 |
Estaba na mañán deste martes 15 de maio de 2011 Tilde de Peteno cas súas compañeiras de toda unha vida na Asociación de Palilleiras cando de repente comenzou a sentirse mal. Éstas, asustadas ante os graves síntomas que facían presaxiar un mal de envergadura raudamente trasladaron a Tilde ata o centro clínico camariñán sito na Rúa do Prado. Alí o persoal médico enseguida constatou a gravidade do suceso e diagnosticou que nin máis nin menos Tilde acababa de sufrir un ataque ao corazón, por elo sen perder un só segundo procederon a chamar ao helicóptero de urxencias para que fixera un dos seus nada desexables vos ata Camariñas. Posto en marcha o operativo, tomáronse polos corpos de seguridade e Protección Civil de Camariñas as precaucións necesarias para garantir un rápido traslado de Tilde ata o centro hospitalario no que ataxar un ataque que de non ser tratado a tempo faría que a estas horas posiblemente estivéramos a falar dun novo episodio na cadea de desgracias que dun tempo a esta parte asolan o noso concello. Unha vez verificada a rápida evacuación e con Tilde xa ingresada nun centro hospitalario só queda desexarlle a esta querida amiga, palilleira de toda unha vida, unha satisfactoria evolución e unha pronta recuperación.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Deportes en Camarinas
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Lunes, 14 de Mayo de 2012 20:30 |
Dentro da catarata de iniciativas saídas nos derradeiras tempos da concellería de deportes do Concello de Camariñas este domingo tivo lugar con notorio éxito de público e organización a 1ª Ruta da BTT da Caramiña. Cun percorrido longo de 60 km e outro corto de 40 km, máis de 200 corredores inundaron os diferentes camiños rurais e de montaña do noso concello. Colaborando na organización do evento e vixiando estrictamente o cumprimento da regulación da proba estiveron os Baikers do Vilán, que por elo víronse privados na súa maior parte de participar nunha pruba celebrada polos camiños da súa terra. En canto á proba longa, o vencedor resultou ser Jorge Pérez Fernández, de Brión cun tempo de 2 horas e 55 minutos, sendo o primeiro representante do noso concello Francisco Canosa Lires, no posto 24. Polo que respecta á porba corta e tras invertir 2 horas e 19 minutos no percorrido saeu gañador Eduardo Vidal Caamaño. Así pois un novo domingo deportivo en Camariñas resultou un éxito rotundo de público e organización da man da colaboración fecunda entre a Asociación dos Baikers do Vilán e a concellería tan brilantemente dirixida por Juanillo.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Sociedade en Camariñas
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Sábado, 12 de Mayo de 2012 17:00 |
Hai exactamente unha semana, o sábado 5 de maio de 2012, a Casa de Pedra voltou encherse ata a bandeira ca celebración do IV Certame de Corais Costa da Morte. Organizado pola Asociación Neria, ca colaboración do Concello de Camariñas cinco dos mellores coros galegos déronse cita nun encontro de alto voltaxe musical. Destacou a presencia do secretario de Neria Xan García así como a dun alcalde Pichurri que ata o de agora non se perdeu unha soa cita do marathón coral que está a caracterizar esta primavera. Ao final do acto entregáronse por parte de Neria os regalos ás corais participantes ademáis dun agasallo de recoñecemento ao Concello de Camariñas pola súa colaboración pero si por algo destacou este certame foi pola canción que a profesora da nosa coral municipal, a corcubionesa Charo, agasallou ás súas alumnas e que se chama "Camariñas, un balcón cara o mar" que tan só se ensaiou tres veces pero finalmente non salío mal. A outra das súas interpretacións foi unha versión maxestuosa do clásico do mestre xornalista José Luis Blanco Campaña "Serpent". Dúas delicias musicais que Camarinas.eu reproduce en sendos vídeos para solaz e divertimento do accionariado máis numeroso da Costa da Morte.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
Deportes en Camarinas
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
|
|
Viernes, 11 de Mayo de 2012 19:00 |
Unha avalancha de máis de 200 ciclistas procedentes de 30 concellos diseminados a todo o longo e ancho de Galicia desembarcaran a lomos das súas mountain bikes este domingo 13 de maio en Camariñas. Aos seus pes atoparan un conxunto de pistas forestais, camiños de montaña de difícil parangón, practicamente inigualables porque a ruta diseñado polos membros dos Baikers do Vilán man a man con Juanillo en representación do concello percorre algún dos tramos máis fermosos desta Costa da Morte dos nosos pecados. Asemesmo, debido á importancia da proba establecéronse unhas normas de obrigado cumprimento para todos os participantes entre as que destacan a prohibición de tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento, o uso obrigatorio do casco, así como o acatamento das ordes e directrices da organización, non podendo sobrepasar os participantes en ningún momento s vehículo que abre a ruta, o cal será obxecto de descalificación inmediata. E así a partires das 9:30 o espectáculo estará servido na 1ª edición dunha proba de carácter non competitivo, de dificultade técnica e física media-alta, resultado da colaboración fructífera entre os Baikers do Vilán e a concellería dun Juanillo que parece non ter freno. Vaia aquí en exclusiva a pancarta que dará o pistoletazo de saída para un día histórico en Camariñas.

Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
|
Página 1 de 289 |