Un novo defensor das causas perdidas: Mister X

Mister X camariñán: ¿en que jaleos non se meterá este tipo?
Mister X camariñán: ¿en que jaleos non se meterá este tipo?

Hoxe é un día de retorno de vellos usuarios e de aparición doutros novos. Camarinas.eu preséntavos a Mister X, o novo usuario que todos vístedes pulular por esta web non fai moito e que creou, coa colaboración da web máis visitada da Costa da Morte, unha sección especial na que, como no mítico capítulo dos Simpsons, tratará de  escudriñar e achegar a todos nos aquelas malas accións e descuidos dos nosos representantes, grandes empresarios e incluso xente normal. Ademáis de patrullar as calles do noso querido concello, Mister X terá un correo electrónico para que todo aquel que queira poida poñerse en contacto con el para pedirlle consello e solicitar a súa axuda se fora necesario. Para elo só terás que mandar un email a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Hoxe fai a súa aparición estelar o noso Mister X cunha denuncia que nos mandou un usuario de camarinas.eu fai un par de semanas.


Como primeiro plato da súa sección, Mister X presenta unhas fotos tomadas hai un par de semanas onde se pode ver o estado de total abandono e descuido do paseo que vai do campo de fútbol de Camariñas ata os terreos onde se encontra Stolt Sea Farm. As persoas coas que Mister X contactou para saber máis do asunto son grandes aficionadas ao deporte, especialmente a correr e a andar coa bicicleta por estes sitios e todos coincidiron en que "como vaias por alí coa bicicleta podes quedar lañado de por vida" debido á invasión incesante de silvas e toxos. Nuns momentos o noso querido "defensor do camariñán" Mister X dará unha breve e dura sentencia sobre estas imaxes.

Foto 1


Image

A tamén chamada Pista de Alonso ou Alonso's Highway está actualmente neste estado


Comentarios   

eloy
-1 # eloy 03/09/2008 20:44
Espero que lo que hagas sea para bien, yo desde aqui intentaré ayudarte en todo lo bueno para el municipio. Suerte y que te conste que tendras detractores. Saludos
Denunciar ante o administrador
Salaño
-1 # Salaño 03/09/2008 21:19
ole y ole...e os que digan que hai que dar a cara...pois penso que se equivocan, poruq eo personaxe de Mister X, sodes todos os Camariñáns, polo que a cara é a de Camariñas.

Ole y ole.
Denunciar ante o administrador
kecho
+1 # kecho 04/09/2008 13:37
nn sei si che chejou o mail pero seria interesante saber ke pasa cos vertedeiros da carretera do faro e o das eixas.
Denunciar ante o administrador
mantida
-1 # mantida 04/09/2008 15:21
Pos esto si que está ben Mister x, denunsiemos o que non nos justa pero tamén o que este ben feito.
as silvas e os toxos e normal que estén polos camiños, elojo non sabedes que e a casa dos lajartos lajartas e demais animaliños, eles tamén teñen dereito a que non invadan as suas casas.eu o que non consinto e que me tiren serpientes e vivoras na miña horta, que as leven pas suas casas e que durman con elas.
Denunciar ante o administrador
JABA
+1 # \"UNHA JUNGLA\"JABA 04/09/2008 19:57
¡Si señor,M.X,bon ser a tua fan n1,esta seccion era moi necesaria pa esta paxina,poder publicar e reclamar os mil ventos as necesidades do pueblo(ke sonche unhas poukas...)Kon respecto o camiño de senderismo,eso en ves de camiño,eh monte atraves....fun varias veses por ahi andando(en bisicleta imposible)pares e unha jungla,chejache a herba o peskoso,"o ke se anime a ir por ahi,ke se acorde de lebalo FOUSIÑO".Encant ada M.X e saludiños.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.