Volve a golpear a traxedía a todo o pobo de Camariñas neste día da Pilarica. Na mañán deste tempestuoso 12 de outubro de 2018 a redacción desta web recibía totalmente abatida a triste noticia da defunción da nosa querida amiga Dona Raquel Moreira Carril aos seus tempranos 48 anos de idade. Raquel da Leisana, como era cariñosamente coñecida en todo o concello, levaba xa uns anos loitando contra esa lacra que mantén en xaque a toda a comunidade científica e que tanto está a golpear nos últimos tempos a toda a vila de Camariñas. Finalmente o cancro levouse a vida desta exemplar muller camariñana: muller traballadora onde as houbera, amante da súa familia, sempre afable e sonriente como a que máis, mítica palilleira que practicaba o arte propio de Camariñas como é o palillo dende moi nena e unha das responsables do emblemático Museo do Encaixe da vila que a veu nacer. Deixa Raquel neste mundo aos seus dous amados fillos orfos, ao seu marido viúvo e a todo un pobo sumido na dor máis absoluta. O corpo sen vida da nosa amiga Raquel está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo de Camariñas exactamente ás 18:00 horas deste sábado 13 de outubro para, acto seguido ser celebrado o funeral de corpo presente pola asúa alma. A continuación procederase a realizarse o sepelio de Dona Raquel no cemiterio veciñal de Camariñas onde os restos mortais desta gran muller terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias así como toda a forza e cariño á familia de Dona Raquel aínda que somos conscientes de que todo o que fagamos nestes durísimos momentos sexa inutil para apaciguar tan inmensa dor. Descansa en Paz queida amiga.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar