Na mañán deste venres 15 de xuño a redacción de Camarinas.eu procedía a comprobar o estado das importantes obras realizadas polo Concello de Camariñas na Rúa Pinzón da Vila das Palilleiras. Neste importante vial pudemos comprobar que as obras continúan a moi bo ritmo e xa cáseque se están a remantar coa colocación de toda a canalización así como das acometidas de augas de todas as vivendas necesarias para que estas teñan subministro do líquido elemento. Así tamén hai que decir que se soterrarán todo o enmarañado tendido eléctrico que afea esta amplia rúa. Xa con estes traballos a piques de rematar, coméntanos o concelleiro de obras Juan Carlos Canosa que a partires da semana que ven comezarán os traballos de hormigonado e colocación de pedras de granito decorativas na rúa Pinzón co que se espera que en unhas poucas semanas estean definitivamente rematadas esta importante actuación. A rúa Pinzón cambiará deste xeito para ser unha das vías máis remozadas de todo o concello, unha nova imaxe acorde coa súa vital importancia dentro do rueiro camariñán.

 

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar