Non damos avasto con tanta festa en todo o concello de Camariñas!! A xa tradicional Lumarea da Vila organizada pola asociación homonima cumpre este ano o seu décimo cumpreanos, e para celebralo tanto a asociación como o concello organizan unha espectacular festa o día 22 de xuño no que se celebrará un espectacular concerto que terá como cabeza de cartel nin máis nin menos que aos Heredeiros da Crus. Grupo de rock ribeirense co cal tiveron ocasión de compartir cartel algúns que outros redactores desta web na festa da Fervenza de Mazaricos alá polos míticos anos noventa.

Neste espectacular concerto comparten cartel co rexuvenecido grupo das rías baixas o conxunto de rock soneirán Bastardos de Rivera, cuio vocalista ben sendo o noso querido amigo e mariñeiro camariñán Andrés Fuentes, que será sen dúbida un dos exitosos descubrimentos desta fantástica noite rock das que últimamente escasean, tanto pola calidade como pola cantidade de grupos a actuar. Tamén acompañarán a estes dous grupos os carnotáns Almánimal, grupo de hardrock que fará as delicias dos máis tralleiros da Costa da Morte. E así celebrarase por todo o alto o 10º aniversario da máis grande lumarea de Galicia que se acenderá deus mediante ao día seguinte deste gran concerto de rock dos que xa que nin existen nesta franxa atlántica. Noraboa e a por outros 10 anos máis!

Cartel do concerto 10º Aniversario da Lumarea da Vila en Camariñas

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar