Estas derradeiras semanas están sendo frenéticas para o xoven empresario camariñán Rubén Lema e familia. Despois dunha longa temporada de duros traballos están a piques de inaugurar o que será un dos máis atractivos hoteis de toda a Costa da Morte. Hotel Playa de Camariñas é o nome escollido por este xoven emprendedor da nosa vila para esta nova instalación hoteleira sita en plena praia de Area da Vila No que antigamente foi o Hotel Triñanes, pero cunha inversion importantísima que supuxo inha reforma do inmoble caseque total. Dende a instalación electrica ata os sumidoiros, todo se reconstruiu novamente dándolle un exquisito toque modernista tanto nas habitacións como nos demáis recunchos do hotel.

Outra das novidades desta importantísima iniciativa empresarial que está a impactar de maneira moi positiva en gran parte do tecido profesional do concello, é a creación do restaurante que levará adxunto este hotel. Trátase dun novidoso local hostaleiro situado no baixo do inmoble que será dirixido polo exitoso empresario do sector Óscar Freire e que traerá da man dos máis senlleiros mariñeiros de Camariñas os mariscos máis exclusivos da nosa ría e da Costa da Morte. Así tamén habilitarase este establecemento para a celebración de eventos cunhas instalacións envidiables e uns exteriores dignos dos mellores hoteis do Caribe.

En definitiva un gran avance no sector turístico de Camariñas que se suma ao resto de grandes establecementos hoteleiros do noso concello e que celebrará unha gran inauguración este próximo 15 de xuño ao que Camarinas.eu acudirá para facer a respectiva reportaxe deste gran evento. Dende aquí desexamoslle toda a sorte do mundo ao nosos queridos amigos Rubén, Paula, Alberto, Rosa e o peqeuniño da casa Álex neste gran emprendemento que están a levar a cabo. Moita sorte!

Reapertura do Hotel Playa de Camariñas

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar