O domingo 27 de maio na zona de Reira de Camariñas, celebrase esta segunda edición da festa do Foxo dos Lobos. A asociación Dequenquen, o Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña colaboran na realización deste evento que pon en valor un un dos patrimonios inmateriais e das construcións etnográficas máis singulares da provincia: o foxo dos lobos.

O foxo dos lobos da Costa da Morte, único da provincia da Coruña, é unha trampa para lobos do século XVI que ten como singularidade empregar como barreira natural o mar.

Nesta festa recuperase coa recreación dunha batida de caza tradicional, un dos patrimonios inmateriais vinculados ás zonas rurais e a unha figura mítica como é o lobo. Estas batidas son traballos comunitarios organizados que realizaban a cidadanía das parroquias baixo a dirección dunha persoa experta na caza empregando a trampa do foxo dos lobos. Nesta recreación pode participar calquera persona que o desexe.

Neste ano contamos coa presenza e música en directo dunha delegación do concello francés de La Turballe, concello irmandado con Camariñas,

Aconsellase:


- reservar prazas no bus gratuíto chamando ao 659 269 615
- para participar na recreación, podese vir vestido de labrego ou labrega e con algún elemento para facer barullo. (cacerolas, pandeiros...)
- Pode disfrutar da súa comida na zona compartindo a música e participando nesta comida campestre tradicional.

Esta festa reivindica a protección do lobo, un animal mítico e protexido que aínda sobrevive na Costa da Morte. Visibilizando unha das construcións etnográficas únicas na provincia da Coruña.

PROGRAMA. Domingo 27 de maio


11:00 saída do bus dende a praza do Concello (prazas limitadas)
11:30 Recreación Batida do lobo coa participación do público
13:30 Alboroque. Comida campestre con música. Desfrute da súa comida nun marco incomparable

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar