Semana tráxica para a mítica familia mariñeira de Camariñas. Primeiro foisenos un dos máis queridos e auténticos lobos de mar da nosa vila en toda a súa lexendaria historia como foi Pepe O Negrito, e hoxe recibíamos nesta redacción a triste noticia da defunción dun dos armadores máis carismáticos e importantes de toda esta Costa da Morte. Estamos a falar de Don Eduardo Campaña Martínez "Siro" tal e como era coñecido en gran parte da costa galega este gran amigo da redacción de Camarinas.eu e mítico patrón de varias das embarcacións claves para comprender a exitosa historia da arte da pesca do  cerco en Camariñas. Finaba noso amigo na tarde deste xoves 3 de maio de 2018 despois de recibir os auxilios espirituais na súa casa da Rúa do Río despois dunha dura loito contra unha grave enfermidad que á fin e a postre levouse por diante a vida deste camariñán con maiúsculas. O corpo sen vida deste querido veciño da Vila das Palilleiras está sendo velado na Sala I do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sariá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 17:45 da tarde deste venres 4 de maio para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido o féretro deste insigne patrón camariñán da vella escuela será trasladado ao Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais de Don Eduardo terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eduardo Campaña Martínez. Alá onde estea, alí o imaxinamos sentado na súa silla xunto algún dos seus compatriotas mentras sona de fondo unha agarimosa racnera mexicana. Descanse en Paz.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar