Tarde tráxica no barrio de Corea. Un dos seus veciños máis lonxevos e representativos do famoso distrito camariñán deixaba este mundo aos seus 84 anos de idade. Estamos a falar de Don José María Quiza, coñecido cariñosamente en toda a Costa da Morte como "O Negrito", gran lobo de mar que tivo ao seu mando varias embarcacións de renome, persoa sempre afable e cariñosa, carismática e querida en toda a vila que o veu nacer e que triunfou na súa vida como patrón, pai de familia e amigo, sempre amigo. Unha persoa que quedará sen dúbida para o recordo desta redacción como un compañeiro e que se foi lamentablemente na tarde deste xoves 26 de abril de 2018 despois dunha longa enfermidade. O corpo sen vida do noso querido amigo está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste venres 27 de abril. Acto seguido será celebrado o seu funeral de corpo presente no sagrado templo camariñán para despois ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camariñas. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don José María Quiza "O Negrito", unha persoa inolvidable para toda Camariñas, unha persoa irrepetible. Descansa en Paz compañeiro.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar