Despois da longa recuperación de nosa querida amiga Ángeles, xerente do Café Bar San Remo, tivo que padecer ao sofrir unha enfermidade que a postraba no hospital por caseque medio ano, agora cébanse co seu negocio os malnacidos amigos do axeno. Na madrugada deste martes 20 de febreiro uns descoñecidos asaltaban (e xa van dúas veces en menos de seis meses) o local hostaleiro situado en pleno paseo marítimo camariñán arrancando de cuaxo a verxa metálica de seguridade que pecha o local hostaleiro. O sistema para facelo saltar polos aires foi ben sinxelo, amarrando unha cadea ao portal para tirar del mediante o potente motor do coche dos cacos. E a pesares do gran estruendo que produxo non temos constancia de que ninguén se enterara do asalto, e pensamos que foi mellor así xa que tal e como andan crecidos os delincuentes esto estase a parecer máis a un pobo olvidado do medio oeste norteamericano do século XIX que unha vila española do século XXI.

Ao final estes delincuentes puderon facerse co caixón de cartos da máquina tragaperras despois de destruila no mesmo local, así como a caixa rexistradora que portaba uns cento e pico de euros en cambio que aparecía nas inmediacións da Area da Vila. Así mesmo os ladróns que, polo modus operandi fan creer as forzas do orden que forman parte da mesma banda que perpetra este tipo de hurtos en toda a Costa da Morte, tamén intentaron desmantelar a máquina expendedora de tabaco para levarse consigo o que alí dentro houbera pero finalmente desistiron. En conversas con varios hostaleiros camariñáns puidemos saber que algúns deles se atopan xa desesperados ante a absoluta impunidade coa que actúan estes delincuentes por iso sería moi importante que as autoridades competentes tomaran de unha vez por todas as medidas pertinentes para tratar de solventar este grave problema. Antes de que sexa demasiado tarde e teñamos que lamentar cousas máis graves. Dende esta redacción queremos dar moito ánimo aos nosos queridos amigo Ángeles, Tono e Silvia. Moita forza!

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar