Non sabemos que é o que está a pasar con este principio de ano 2018, pero o caso é que debe de ser un dos comezos de ano máis tráxicos que un redactor lembra dentro do ámbito municipal de Camariñas no que respecta a defuncións. Na tarde deste mércores 14 de febreiro tiñamos coñecemento do desgraciado pasamento do querido veciño de Camariñas Don José Antonio Pensado Pérez aos seus tempranos 59 anos de idade despois dunha terrible enfermidade que ao final levouse a vida deste estimado veciño da vila das palilleiras. O corpo sen vida de Tatá, como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas este lobo de mar, mariñeiro de toda a vida, está sendo velado no Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais ás 17:15 deste xoves 15 de febreiro de 2018 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, o corpo sen vida de Don José Antonio Pensado Pérez, será trasladado ata o Cemiterio Parroquial de Camariñas onde terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Antonio Pensado Pérez, Descanse en Paz.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar