O impresionante carnaval que o Concello de Camariñas deseñou dende a concellalía de cultura de Sergio Caamaño neste ano 2018 entra definitivamente no seu remate. Despois dos exitosos actos festeiros que se celebraron primeiro na Ponte do Porto, despois en Xaviña e seguidamente en Camelle chega o turno de enfilar a recta final deste entroido. E farémolo este martes 13 de febreiro, festividade local, cun espectacular concurso de comparsas que se celebrará na pista 2 do Pavillón Municipal de Camariñas con unhas comparsas espectaculares e máis propias dos carnavales de Tenerife das que aquí vos damos conta. Pero antes concretamente ás 16:30 farase o sorteo da orde de actuación das comparsas na biblioteca municipal. Media hora despois, e se o tempo o permite, desfilarán desde a Praza de Insuela ata o pavillón municipal percorrendo en procesión as rúas de Camariñas que se encherán de colorido. Ás 18:00 dará comezo o concurso que encumbrará a unha das comparsas participantes na cima do entroido camariñán. Este ano contaremos ademáis con un total de 580 cadeiras para que o público asistente poda desfrutar comodamente do especáculo sen estar de pe. E todo elo sen esquecer que dende as 17:00 os máis pequenos poderán disfrutar de inchables, música e xogos no patio cuberto do colexio O Areal. Todo un luxo de carnaval para un concello como o de Camariñas que ano tras ano mellora exponencialmente xa sexa na organización como na afluencia de público a todos os seus actos, especialmente ao do martes de carnaval na vila das palilleiras. Camarinas.eu alí estará para sacar boa conta do que aconteza. 

A escasas horas de rematar o prazo de inscrición estas son as comparsas participantes:


  • Pulpo a la gallega de Camariñas
  • O jaliñeiro do Rueiro Novo de Camariñas
  • Mago de Oz de Camelle
  • Dioses de Egipto da Ponte do Porto
  • Os quesitos da Ponte do Porto
  • Segredos no xardín de Vimianzo
  • Agasalliños galegos de Vimianzo
  • Jackie Chan de Vimianzo

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar