A maioría dos nenos de entre 6 e 7 anos de gran parte do Concello de Camariñas aínda se lembran de Don Jesús, o noso querido amigo falecido repentinamente hai pouco máis de un ano. E seguirán recordándoo gracias a súa estatua colocada no atrio da Igrexa de San Xurxo. Hai uns días estes mesmos rapaces, xusto antes de entraren xunto aos seus mestres que os están iniciando na doctrina cristiana, quixeron sacarse todos xuntos unha foto para o recordo co busto que lembra a Don Jesús. Alí todos os nenos lembraron aquela sonrisa do páter que os bautizou nese sagrado templo da vila das palilleiras. Ao rematar de sacar as fotos por parte dos pais alí presentes os mesmos nenos empezaron a recoller as flores das camelias da igrexa que estaban esparcidas polo atrio e comezaron a depositalas aredor do busto de Don Jesús. Un acto que fixo que a gran maioría dos presentes se lles ablandara o corazón ao ver como estes pequenos camariñáns lembraron ao seu amigo Don Jesús nun acto casi involuntario que saíu do máis profundo dunhas almas puras dos nosos nenos que lembran o amor que Don Jesús repartíu por todos os lugares por onde estivo. Hai tanto que aprender dos nosos nenos...

NOTA: Según nos comunican dende os promotores da estatua monumento a Don Jesús Nieto Baneira, nos próximos días farase pública a lista de donativos que os camariñáns realizaron para levar a cabo este monumento ao noso querido páter. Así mesmo tamén farán públicos o balance de gastos onde se darán conta dos mesmos.

Os nenos do catequesis de Camariñas coa estatua de Don Jesús

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar