Continúa o goteo incesante de decesos que asolan Camariñas neste comezo do ano 2018. Na mañán deste luns 8 de xaneiro a redacción desta web era notificada da tráxica morte do querido veciño de Buría Don Isabelino Canosa Castiñeira aos seus 68 anos de idade. Isabelino, membro durante caseque unha década da comisión de festas do Carmen de Camariñas, foi atopado sen vida na súa casa de Buría por un familiar que dou a alerta aos servicios sanitarios urxentemente sin que estes puderan facer xa nada pola súa vida máis que certificar a morte do noso querido amigo. O corpo sen vida de Don Isabelino está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá este martes 9 de xaneiro ás 16:45 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos mortais do noso amigo tomarán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Isabelino Canosa Castiñeira. Descanse en Paz.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar