Na mañán deste 5 de xaneiro de 2017, a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona María Martínez Álvarez aos seus 89 anos de idade. Señora María, veciña de toda a vida da lexendaria Rúa do Medio, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá este sábado 6 de xaneiro ás 15:45 horas cara a Igrexa de San Xurxo para ser celebrado o funeral de corpo presente desta gran muller, camariñana de toda a vida. Acto seguido procederase a realizar o sepelio dos restos mortais de Dona María no cemiterio parroquial de San Xurxo onde recibirán merecido descanso eterno. Vaia dende aquí a nosa máis sinceira condolencia a toda a familia e amigos de Dona María, especialmente ao noso amigo de toda a vida e neto da falecida Carlos Ramos Prieto así como a súa irmá Mar. Descanse en Paz Señora María.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.