Rematamos este mes de xaneiro o ciclo de monólogos do Concello de Camariñas coa actuación estelar do gran actor e monologuista Manuel Manquiña. Coñecido polo gran público por éxitos do cine español como Air Bag, ofrecerá este sábado 13 de xaneiro ás 21:00 horas na Casa de Pedra un espectáculo desternillante único en Camariñas. Para todos aqueles que desexen asistir ao show que Manquiña nos ten preparado poden comprar as entradas na biblioteca municipal de Camariñas ao módico prezo de 3 euriños. E aínda que a función non é apta para o público infantil os papás que desexen asistir disporán na mesma biblioteca dun servizo de gardería totalmente gratuito. Avanzamos que o humor e as carcaxadas continuarán en Camariñas e así podemos adiantarvos que en breve contaremos ca presencia do humorista Pedro Brandariz como presentador do concurso de comparsas o próximo martes 13 de febreiro, martes de entroido. Pero como sole decirse, ata aquí podemos contar, porque o carnaval 2018 do Concello de Camariñas será todo un espectáculo único digno de vivir. Proximamente seguiremos informando.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar