A pesar do bochornoso espectáculo vivido hoxe no Pleno do Concello hai un dato positivo que cabe destacar. O Partido Popular asisteu a toda a sesión e recoñeceu a Pichurri como alcalde. Algo é algo. A partir de aí todo un sinsentido. Faltas de educación, berros, insultos, faltas de respecto e acusacións cruzadas -incluso algunas que implicaban supostos delitos- que converteron o Salón de Plenos da máxima institución municipal nunha liorta de taberna impropia dunha institución democrática. Realmente lamentable todo o que alí aconteceu.

E cal foi o detonante de todo este espectáculo impropio de persoas civilizadas e democráticas? Pois o proxecto de remodelación da Praza de San Xurxo e de todo o seu contorno. Un proxecto que pretende actuar sobre unha das áreas mais deterioradas da capital municipal: a Praza de San Xurxo, os terreos da antigua Casa Rectoral, as Malvinas, a Pista a Mourín e contorno da Igrexa de San Xurxo, a Rúa Verónica e a Rúa Buría. Un proxecto tan grande que o concello solo o pode abordar en varias fases porque de facelo nunha sola, deixaría ao resto de parroquias sen recursos en investimentos.

O asunto non tería maior problema se a oposición política de Camariñas, especialmente o Partido Popular, non utilizara esto para volver a tomar a bandeira do choque frontal contra o goberno municipal apoiándose nun grupúsculo que pensa que a Praza de San Xurxo e Buría son da súa e única propiedade. Para tal fin convocaron unha xunta no adro da igrexa, despois da misa do domingo, que foi un rotundo fracaso polo número de asistentes -a comisión de festas de San Xurxo e os membros da lista electoral do PP e pouco mais- onde se chegou a afirmar que os coches fúnebres, os de noivos e bautizos, ou calquera outro que tivese relación cos actos litúrxicos, non poderían acceder con vehículos a entrada do adro. Tamén criticaron que no dibuxo do proxecto aparecerán árbores debuxadas e ningún aparcamento.

Este medio de comunicación pode entender que haxa quen pense que hai que ir en coche ate a cama, pero custa entender como é posible que haxa un responsable político que prefira o asfalto aos árbores, ou que tome unha parte do proxecto polo todo, ou que primeiro prenda o lume no palleiro e despois pregunte de que vai o asunto.

O PP de Camariñas consigue terxiversar outra vez a uns cantos incautos e da obra máis importante do concello en Buría na súa historia convirtea nun espectáculo lamentable no pleno do concello

Camarinas.eu tivo acceso ao proxecto, como pode ter calquera veciño porque está exposto no Salón de Plenos do Concello, é parécenos unha das actuacións mais sobresalintes que ten abordado ninguha corporación de Camariñas. Solo equiparable á decisión que se tomou no seu día urbanizar o que hoxe é a Praza do Mercado e o seu contorno. Aquí vo lo deixamos para que poidades coñecer e opinar sobre el.

¿Que recolle o proxecto da Praza de San Xurxo?


Pois, en tres fases, actuacións que dotan o contorno da Igrexa dun espacio limpo, diáfano, sen cables nen postes de formigón, con un parque infantil e amplos espacios para o solaz e o disfrute de nenos e maiores. Noutra fase contempla a remodelación da Rúa Buría e a travesa que comunica coa Pista a Mourín, a remodelación da propia Pista a Mourín dende a Grixa ate as Malvinas, e a apertura da Rúa Verónica (a pista das Malvinas) cara a Rúa Buría. Outra fase, que sería a última, dota de servicios a todo oconxunto: un gran espacio para actos públicos como son as festas patronais e outros eventos, pista polideportiva descuberta, e parque bio saudable. Todo o conxunto está dotado de amplas zonas de aparcamentos, tanto na Pista Mourín como nas rúas adxacentes, de espacios de esparcimento e de zonas verdes. Nunha palabra, cando o proxecto estea rematado este espacio será a Gran Zona de esparcimento da Vila de Camariñas. Un proxecto que ten unha clara vocación transformadora e dinamizadora do urbanismo local.

Iso foi o que este modesto medio de comunicación viu no proxecto concreto que, como decimos, está exposto no Salón de Plenos do Concello e que se pode consultar. Outra cousa son as moitas fantasías que temos oído estes días polo pobo. Xa fai moitos anos prodúxose un fenómeno semellante cando Bautista Santos fixo un intento de adecentar a Praza de San Xurxo e atopouse co rexeitamento da Comisión de Festas de San Xurxo que consideraba que o desenvolvemento urbanístico tiña que estar condicionado por unha celebración anual nese espacio concreto, cando ninguha destas actuacións impide tal celebración.

O PP de Camariñas pasará a historia como o único partido político do mundo coñecido que antepoñe a construcción de aparcamentos a base de asfalto á plantación de árbores e zonas verdes nos espacios públicos

Este medio de comunicación felicítase porque o PP volveu a onde ten que estar: ao debate político nás institucións. Agora ten que alonxarse do Non é Non permanente a cada iniciativa tomada polo goberno local, porque non solo non conduce a nada se non que, polo visto no asunto do tanatorio, non da ningún rédito político.

E, como epílogo, sería bo lembrarlle a algún que non hai Buría nin Camariñas. Solo hai un pobo e unha sociedade única. Tamén haberá que lembrarlle, porque parece que non se ten claro, que nin unha comisión de festas nin ningún particular, é propietario do espacio público. Así que ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus. Mal fai o PP local de abandeirar causas de particulares en detrimento do interese público.

E unha última reflexión sobre as formas. Lamentable o comportamento de uns e de outros no Pleno. Os cidadáns, que vos colocamos aí para que nos representedes, non nos sentimos identificados na mala educación, nos berros e nos insultos. A lo menos este medio de comunicación non.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar