Está aberto o prazo para que tódalas persoas interesadas en instalar un “chiringuito” en calquera das praias de Camariñas poida solicitalo no concello. Este é un servicio moi demandado por parte dos bañistas e sendeiristas que frecuentan as nosas praias, moitas delas moi alonxadas dos núcleos urbáns.

É tamén unha magnífica oportunidade laboral para emprendedores que queiran atopar unha oportunidade laboral xa que estes establecementos contan con clientela asegurada durante o período estival. O prazo de solicitude remata o próximo día 22 deste mes de decembro e as persoas interesadas poden informarse nas oficinas municipais en horario ordinario.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.