Vetados a perpetuidade polo PP camariñán, houbo que probar a pedirlle unha entrevista ao inefable JJ Durán, presidente de Portos de Galicia. É interesante esta novidade que se introduce no panorama mediático dende os populares da Vila das Palilleiras: coñecíamos o caso de medios de comunicación que vetan a políticos, ahí temos o exemplo dos medios públicos e privados golpistas de Cataluña (TV3, RAC 1, Catalunya Radio, La Vanguardia, todos os chiringuitos dixitais subvencionados, etc...), pero a novidade introducida dende Camariñas é a do político que veta a un medio. Posiblemente esta concomitancia entre golpistas cataláns e populares camariñáns se reduzca a que ambos compartan idéntico sectarismo. En fin, torpedeados por aqueles que pretenden ser os nosos propios representantes, ahí fumos papel en man, como xornalistas mendicantes, entregarlle unha solicitude de entrevista á xefa de prensa de JJ para aclarar in personam como afectará a nova normativa recaudatoria de Portos ás festas tradicionais. A xefa, como boa aficionada taurina, dounos un par de encomiables largas cambiadas de moito mérito,entregándonos a cambio unha nota de prensa a maior gloria de JJ que nin era o que pedíamos nin nos vale para absolutamente nada. Pero nós, que non adolecemos do sectarismo patolóxico dos vetadores profesionais, aquí a reproducimos para maior ilustración dos tendidos camariñáns.

A Consellería do Mar mellora as condicións de traballo dos profesionais do porto de Camariñas


A Consellería do Mar a través de Portos de Galicia está a traballar na mellora das condicións de traballo dos profesionais que operan no porto da localidade coruñesa de Camariñas. Así o comunicou esta maná o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona.

Durán Hermida explicou que o organismo portuario iniciará o vindeiro luns as obras de habilitación dunha nova rede de saneamento no peirao, así como o seu recalce e a construción dunha nova beirarrúa. Esta actuación contará cun investimiento de Portos de Galicia de máis de 68.000 euros.

Portos de galicia investirá máis de 68000 euros na rede de saneamento do peirao, o seu recalce e a habilitación dunha beirarrúa.

En concreto, o ente público tenderá un colector xeral que recolla as verteduras dos edificios de departamentos, a lonxa e o club náutico e as evacúe ata a estación de bombeo do saneamento xeral para o seu tratamento. Así mesmo, aproveitando as obras na mesma zona, construirase unha beirarrúa que reforcé a seguridade viaria ao servir de elemento de separación entre o porto pesqueiro e a zona náutica. O prazo de execución de ambos traballos será de ríous meses.

Finalmente, os traballos completaranse co recalce do peirao pesqueiro entre a zona da fábrica de xeo e o peirao anexo ao dique. En dita zona detectouse unha oquedade de grandes dimensións que ten que ser reparada para evitar comprometer a estabiVidade do muro do peirao de atraque. Esta actuación terá un prazo de execución dun mes.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar