Xa é oficial. Para formar parte dunha comisión de festas que pretenda celebrala -coma toda a vida- en terreos portuarios, hai que ser un súper heroe xa que as condicións que pon o Ente Público Portos de Galicia para a utilización do chan afectado polos portos para a celebración das festas patronais, converte aos sufridos cidadáns que se atrevan a organizar unhas festas, para solaz de todos, en auténticos Hércules. Así o establece unha resolución de Portos de Galicia publicada a finais de setembro.

O trámite administrativo é produto dunha mente febril que nunca tivo que organizar unhas festas e vai a obrigar a moitas comisións de festas a recorrer aos servicios de xestores profesionais. As pólizas de seguro, a maiores das que obriga xa a lei, poden chegar a ter coberturas multimillonarias en función do número ESTIMADO do público asistente ás festas que, como todo o mundo sabe, é unha estimación moi sinxela de facer. ¿Quen non sabe a xente que virá ao Carme este ano?. Chupado.  Non esquezamos que en función das coberturas contratadas así será o custe da póliza. Estas coberturas increméntanse en varios centos de miles de euros si as festas inclúen palcos, escenarios, fogos artificiais, etc. É dicir, que os fenómenos de Portos de Galicia consideran que a Panorama, ou a París de Noia, actúan a ras de chan ou subidos ao malecón.

E logo veñen as taxas que vai cobrar Portos de Galicia xa que vai aplicar a E-2 multiplicada polos metros de ocupación da festa que suporán miles de euros nunha festa da dimensión do Carme de Camariñas ou da Barca de Muxía.

E como colofón, os pobres incautos que decida presidir a comisión de festas que nos enche de orgullo patrio local, ten que asinar unha morea de papeis facéndose responsable da seguridade, da limpeza, de que un tolo non rompa unha porta, de que alguén pasado de copas non se desmadre, e unha ringleira mais de obrigas que ninguén, no seu san xuicio, asumirá.

Así que, queridos lectores, si a comisión de festas do Carme decide levar as festas para Mourín non vos cabreedes con eles si non con quen non pensa mais que en recadar como sexa aínda que sexa a conta de cargarse as nosas tradicións máis queridas.

Comentarios   

JM Basel
+4 # RE: Portos de Galicia fai caixa a a conta da Festa do Carmen de CamariñasJM Basel 16/11/2017 16:34
pois si e como din aqui nesta pagina as cousas pintanse mal para a nosa festiña,,estes dos puertos da xunta de galicia non pensan mas que recaudar e todos a pajar por dios pero a sente inda lle votan por favor,,vamos kedar sin a nosa festiña do carme non keira dios
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.