Pois verdadeiramente estamos ante unha auténtica avalancha de anuncios de obras por parte do Concello de Camariñas, aos cales daremos boa conta aquí en Camarinas.eu, a web con alma de xubilado na que os seus redactores desfrutan como enanos con cada unha destas actuacións municipais. A obra en cuestión que foi obxecto de anuncio de licitación no BOP da Deputación da Coruña trata da reurbanización da transitada rúa Pizarro en pleno casco urbán camariñán, englobada dentro do Plan de Obras e Servizos que a entidade presidida polo socialista Valentín González Formoso ten previsto executar no noso concello. Uns traballos que comezarán a realizarse moi pronto e que terán como obxecto a renovación da rede de saneamento á que se conectarán as augas negras así como a construcción doutra que canalice as augas pluviales.

Cabe reseñar tamén que, ademáis da construcción de novas acometidas de saneamento, pluviales e abastecemento de augas que deixarán esta vital arteria da vila das palilleiras perfectamente dotada de cara aos vindeiros anos, reurbanizarase a rúa completamente. Así mesmo e despois de todas as melloras soterradas na Rúa Pinzón coa consecución destas importantes obras, procederase a pavimentación do firme mediante formigón pulido que será embellecido cunhas bonitas losas de granito. Algo parecido, supoñemos, ao aspecto da Rúa Muiño do Vento recentemente executada e que ven a reafirmar a aposta que dende o concello levan facendo dende que prometeran coas actuacións nas calles que rodean o Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín.

Finalmente recalcar que a obra está orzamentada en 155.548,32 euros, e todas aquelas empresas que desexen participar no concurso e optar a adxudicación desta obra deberán presentar toda a documentación antes do 4 de decembro de 2017. Mentras tanto aquí seguiremos dando boa conta destas boas novas que chegan en forma de obras para o ben de todo o concello de Camariñas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.