A pericia dos técnicos contratados polo concello permitíu que só algunhas partes altas de Camariñas queden sen suministro de auga potable. Gracias a unha especie de bypass aplicado na rede de distribución de auga potable a Camariñas, a maior parte dá Vila dos Encaixes pode seguir dispoñendo deste servicio esencial. Quedan sin el a zona de Buría ao completo e outras zonas mais altas do casto urbán. Segundo nos informa o concelleiro de obras, Juan Carlos Canosa, dende o mesmo lugar da ruptura da traída princiapal, a avería prodúxose no peor lugar posible e os técnicos consideran que non se poderá normalizar o servicio ate ben entrada a tarde.

Así pois, non queda outra que resignarnos aos que nos quedamos sen auga nas nosas billas e solidarizarnos cos sufridos operarios que estiveron traballando sen descanso para devolvernos a auga ás nosas casas. Mentres tanto sempre nos quedará a nosa entrañable Fonte Barreira ou a vella fonte da Agra de Abaixo para estas situacións de emerxencia.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.