Seguramente os lectores da vila de Camariñas se decatasen, ao levantarse hoxe pola mañán, que das billas non caía pinga de auga. A razón é que na subida de Agrelo rompeuse unha das arterias principais da distribución de auga potable. Según puido coñecer camariñas.eu, a avería ten mala pinta polo lugar en que aconteceu e os técnicos pensan que vai durar varias horas reparala.

Ao lugar desplazáronse persoal e medios técnicos que, coma sempre, tentarán solucionar o problema o mais axiña posible xa que este incidente coincide con fin de semana e coa hostelería de Camariñas a tope de visitantes aprobeitando este verán tardío que estamos tendo. 

O concello comunicou xa, a través do facebook municipal, esta incidencia e pide disculpas. Esperemos que os sufridos traballadores que están no lugar poidan solucionar o problema rápido.

ACTUALIZACIÓN 13:30 - A avería foi reparada e está procedendose a abrir o fluxo de auga e as diversas tomas de riego de auga para evitar burbullas nas tuberías que provoquen máis roturas. En breve o abastecemento de auga será reposto a toda a vila de Camariñas.

ACTUALIZACIÓN 14:15 - Restablecido o abastecemento de auga ao 100% de toda a vila de Camariñas. Dende aquí felicitar o gran traballo realizado polo equipo de urxencia do servizo municipal de augas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.