Nestes pasados días estamos sofrindo pequenos inconvintes  polos traballos que Unión Fenosa está levando a cabo na Praza de San Xurxo, en Camariñas. Estes traballos teñen por finalidade soterrar todo o cableado de alta e media tensión que, coma una tea de araña, surca os ceos do contorno da igrexa parroquial de Camariñas.

Esta obra é froito da negociación feita no seu día polo concello coa compañía eléctrica, como unha das contraprestacións pola repotenciación do parque eólico e, a parte de poner baixo terra as liñas eléctricas, dignificar o contorno da Igrexa de S. Xurxo e dotalo convenientemente.

Cando esta obra remate deixaremos de ver os antiestéticos cables e postes de formigón que tanto firen a vista e deslucen á igresa e o a praza,  estarán sentadas as bases para que o concello afronte o prometido proxecto de remodelación do que debe ser a praza central da Vila de Camariñas xa que, por unha razón ou outra, por alí acabaremos pasando todos.

Ogallá que aquela vella iniciativa para facer unha praza de San Xurxo o centro da vida social de  Camariñas sexa pronto unha realidade. De momento os antiestéticos cables e postes de formigón van a pasar a mellor vida.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar